Burela, 6 de decembro de 2013. O Programa Municipal de Atención a Inmigrantes dependente da Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Burela está a organizar un programa formativo de inserción social no entorno de acollida dirixido a persoas inmigrantes.
Diana Durán, a responsable deste departamento, subliña que “con este programa o que se pretende é dar a coñecer os recursos e servizos de Burela a estranxeiros recen chegados para unha óptima integración social no noso concello”.
Esta acción desenvolverase os días 9, 10, 11, 12 e 13 de decembro de 9:30 a 12:30 na Casa do Concello.