O IES Illa de Sarón de Xove conta, dende este curso 2013-2014, cun Ciclo formativo de Grado superior de “Programación da produción en moldeo de metais e polímeros”, que é o primeiro deste tipo que se implanta en España.
Pois ben, o noso Concello, que tamén colaborou e apoiou dende un principio a implantación deste ciclo no noso Concello, ven de realizar unha importante doazón ao IES Illa de Sarón, concretamente dúas máquinas que veñen a completar a Aula Taller onde os alumnos/as do Ciclo realizan as prácticas. Unha serra eléctrica con carro de ferramentas anexo e un taladro de columna son as dúas máquinas que o Concello aportou, e que foron postas en marcha hoxe, nun acto que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín por parte do Concello, e pola Directora Oliva Cabaleiro e o Secretario José María Orol por parte do IES Illa de Sarón.
Esta doazón supuxo un investimento de 3.500 euros por parte do Concello, e, como dixo o alcalde, espérase que supoña unha mellora substancial da Aula Taller e unha importante contribución á formación práctica dos alumnos/as do ciclo.
O título de Técnico Superior en Programación da producción en moldeo de metais e polímeros ofértase por primeira vez en Galicia no IES Illa de Sarón. A duración deste ciclo formativo de grao superior é de 2.000 horas e leva asociado 384 horas de formación práctica en empresa, correspondentes ao módulo de formación en centro de traballo (FCT). Este título inclúe catro cualificacións profesionais completas e unha incompleta, o que proporciona unha alta formación e cualificación profesional de nivel 3.
Loxicamente, na implantación deste ciclo tivo moito que ver a Consellería de Educación. O Conselleiro de Industria visitou hai uns meses as instalacións do IES coincidindo coa posta en marcha da Aula Taller deste ciclo, aula na que se instalaron unha serie de máquinas onde os alumnos realizan todo tipo de prácticas. Este ciclo conta tamén coa colaboración de Alcoa, que permite ao alumnado realizar parte da formación práctica de algúns módulos na empresa.




















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



