Burela, 2 de xaneiro de 2014. O Concello contrata a tres profesores para a Escola Municipal de Música e a tres coidadoras para os comedores escolares, segundo informa a concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre.
A edil popular explicou que “nestes días desenvolveranse as probas de selección para despois proceder á contratación de tres profesores para Escola Municipal de Música de Burela. Son para impartir as materias de clarinete, óboe e frauta”. Pedre subliñou “o compromiso do equipo de goberno do noso Concello coa Escola de Música e coas actividades que esta organiza ao longo do ano”.
A concelleira de Educación e Cultura engadiu que “tamén procederemos a contratar a tres coidadoras para os comedores escolares. Durante todo o curso contamos con nove persoas que se encargan destas tarefas e que son costeadas polo Concello de Burela, que segue a esforzarse por manter todos os servizos que se veñen prestando á cidadanía”.
Mónica Pedre agarda que todos/as se incorporen aos seus postos o vindeiro 13 de xaneiro.