Na primeira fin de semana de febreiro (31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro), O Pasatempo celebrará a “II Xornada de curtametraxes O Pasatempo” para novos creadores, complementada cuns videos recopilatorios da cidade de Mondoñedo. Asistir a calquera destas proxeccións será gratuíto.
Por unha banda, ponse en marcha a “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá o sábado 1 de febreiro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 7:30 da tarde. Nesta xornada proxectaranse varias curtametraxes, de entre 5 e 22 minutos, sobre diferentes temáticas. Os proxectos audiovisuais están realizados por Gaitafilmes e Producciones de fin de semana; xoves creadores de Mondoñedo, Meira e outros lugares de Galicia. Éste sábado poderase ver “Simón”, “O Paquete”, “A Porta” e “Dous días dicen”, obras de Gaitafilmes; o documental “XV Mercado medieval de Alfoz” de Producciones de fin de semana; e “Bos días” e “Sálvame!”. Cabe destacar a presenza de varios membros de Gaitafilmes, que farán unha breve charla das súas curtas nesta II Xornada, asi como da primeira longametraxe “Dhogs” que están a preparar.
Complementando esta “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” e tamen no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo, o venres 31 de xaneiro ás 8 da tarde proxectarase o video “Calquera día en Mondoñedo…”parte 1, e o domingo 2 de febreiro ás 5 da tarde e ás 6:30 da tarde “Calquera día en Mondoñedo…”parte 2 e 3, videos de creación propia da Asociación Cultural O Pasatempo (autor: José Luis Fernández “Keno”) e no que se recompilan de forma moi amena diversos videos da historia mindoniense, principalmente da década dos ´90 e 2000, incluindo algún da decada dos ´50 recuperados do NODO.
Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós as actividades que O Pasatempo preparou para este primeiro fin de semana de febreiro.
Simón (2007)
Sinopse: Simón é diferente ós demais, case non ten amigos e dende pequeno vive atemorizado. O seu avó sempre lle dicía: “algún día alguén virá… virá e levaravos a todos, tan só se salvará aquel que permaneza baixo a auga Simón, baixo a auga…”.
Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.
Dirección: Andrés Goteira.
Premios: II Premio no Certame Audiovisual da Universidade de Vigo.
O Paquete (2009)
Sinopse: A comezos dos anos setenta, nunha pequena fronteira no medio de ningures, un rapaz portugués transporta día tras día un misterioso paquete cara o outro lado da fronteira.
Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.
Dirección: Andrés Goteira.
Premios: Premio á mellor curta de ficción no festival CURTANAREDE’09. Nomeado a mellor dirección e mellor montaxe.
A Porta (2010)
Sinopse: No sepulcral silencio da madrugada escóitanse golpes na porta dunha casa illada, o medo, a preocupación e a intriga apodéranse do seu habitante mentres unha estraña visita o leva a unha desconcertante situación.
Produción: Andrés Goteira, Suso López, Laura Doval e Ana García.
Dirección: Andrés Goteira.
Premios: Premios á mellor curta, mellor curta en galego e mellor actor de ATODAMECHA en OFESTIVALON’10. Finalista no Liceo Casino Xacobeo’10 do Curtasfilmfest de Vilagarcía.
DOUS/DÍAS/DICEN (2010)
Sinopse: unha tenra e triste historia de amor que nos ensina que nunca é tarde para cumprir un soño.
Produción: Andrés Goteira, Adrián Folgueira e Laura Doval.
Dirección: Andrés Goteira.
Premios: gañador do Premio Lugo10 no I Concurso de Curtas e Maquetas da Fundación TIC.
XV MERCADO MEDIEVAL ALFOZ
Sinopse: Nun lugar chamado Alfoz, na terceira semana de Xullo, o Castro envolve coa súa maxia un exército de privilegiados. Veciños unidos por un soño: “Facernos ver cos ollos abertos aquelo que imaginamos con eles pechados…”
Produción: Producciones de fin de semana
Dirección: Miguel García Fernández e Álvaro Liste Fernández.
Imaxes aéreas: Garacopter
SÁLVAME!
Sinopse: Manuel é un home que ten dúas soidades. A soidade persoal e a soidade do artista (é un escritor mediocre). E, de repente, aparece ELA. “Sálvame!” non é unha historia de amor e desamor, son dúas historias de amor e desamor. A historia de un home e unha muller; e a dun escritor e o seu personaxe.
Produción: Jorge C. Dorado e Jesús De La Vega
Dirección: Javier Veiga.
BOS DÍAS
Sinopse: Ramón é un broker de bolsa moi particular ao que só o motivan dúas cousas, o sexo e os cartos.
Produción: Dani de la Torre.
Dirección: Dani de la Torre.
Premios: Premio ao mellor actor no festival de Cans (prov. Pontevedra, 2006). Premio á mellor curta en video na VIII Mostra de Curtas de Noia (2006).






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



