Burela, 21 de febreiro de 2014. O salón de plenos acolleu onte pola tarde unha charla sobre Prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores. A conferencia, foi organizada pola Concellería de Servizos Sociais, e enmarcouse dentro do Plan maior de seguridade do Ministerio de Interior, a través da Dirección Xeneral da Garda Civil.
Segundo relatou Diana Durán “foron dous profesionais da garda civil os encargados de impartir esta charla, dirixida principalmente ás persoas maiores. Na mesma abordáronse temas como timos, furtos, roubos, maltrato a persoas maiores, así como diferentes situacións de perigo ás que o colectivo destas persoas son máis vulnerables”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “foi unha charla moi participativa na que os asistentes se animaron a preguntar e a contar aquelas situacións da vida cotiá que máis o inquietan: acudir ao mercado, ir cobrar a pensión ao banco, andar solos pola rúa ou a presenza de supostos inspectores do gas. Os gardas civís déronlles diversas pautas a seguir para evitar algún que outro susto”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



