Seis meses despois da privatización do servizo de electromedicina a empresa adxudicataria, IBERMAN, S.A. segue sen cumprir o contrato. Así o denuncia a CIG-Saúde, que considera que o SERGAS está a mirar para outro lado malia saber que “o 25% dos efectos adversos relacionados coa asistencia sanitaria teñen que ver co uso inadecuado ou deficiencias no mantemento”. Por iso reclama o rescate do servizo antes de que a situación se deteriore de forma irreversíbel xa que agora nin se respectan os protocolos establecidos polo fabricante, nin se empregan pezas orixinais, nin existe garantía das reparacións e tampouco hai protocolos que determinen o bo funcionamento dos equipos.
O Director de Recursos Económicos do SERGAS, Pablo Torres Arrojo, comparecía o pasado 12 de decembro na Comisión de Sanidade para responder a preguntas do BNG sobre os motivos dos incumprimentos da adxudicataria do servizo de electromedicina.
Nesa comparecencia recoñecía que existen fallos na execución do contrato pero que son de pouca importancia e que a decisión de privatizar este servizo se fixera para evitar a variabilidade existente nas diferentes Áreas; mellorar a calidade no mantemento; homoxeneizar e optimizar a xestión e reducir custes.
Porén, para a CIG-Saúde estes argumentos “chocan cos criterios dos profesionais en tecnoloxía sanitaria”. Para demostralo lembra que nunha xornada sobre seguridade de doentes e usuarios na xestión da tecnoloxía sanitaria -organizada o pasado mes de novembro polo colexio Oficial de enxeñeiros industriais de Madrid e pola Federación Española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria (Fenin), na que, ademais participaron responsábeis do SERGAS- as/os profesionais na materia recoñecían que “a elevada complexidade tecnolóxica da electromedicina así como o seu impacto na seguridade de usuarios e pacientes, fai necesario que o seu mantemento sexa efectuado por persoal con cualificación específica que siga os protocolos do fabricante e, ademais, empregue pezas orixinais cuxa validez quedou demostrada na avaliación da conformidade realizada no proceso de certificación para o marcado CE”.
Xunto a isto concluían que “o 25% dos efectos adversos relacionados coa asistencia sanitaria teñen que ver co uso inadecuado ou deficiencias no mantemento”.
Aténdose a estas conclusións a CIG-Saúde sinala que a adxudicataria do concurso de electromedicina “incumpre o punto primeiro en toda a súa extensión” e matiza que “non se respectan os protocolos establecidos polo fabricante, non se empregan pezas orixinais, non existe garantía das reparacións e non existen protocolos que determinen o bo funcionamento de equipo”.
Xunto a isto denuncia que esta empresa está a demostrar que “non ten a solvencia que se precisa para asumir o mantemento de equipos electromédicos cunha mínima garantía” e canto aos efectos adversos de uso inadecuado ou deficiencias de mantemento remítese ao ocorrido o pasado mes no Barco de Valdeorras cunha incubadora.
Ante esta situación, a CIG-Saúde considera que “nada do que di o Director de Recursos Económicos se está a cumprir e senón que nos explique porque agora está habendo máis problemas que antes da privatización”. A modo de exemplo sinala os problemas cos equipos médicos, incubadoras, equipos de esterilización, mesas de quirófano, máquina de osmoses no Barco de Valdeorras; mamógrafos en Burela; incubadoras, arcos cirúrxicos e berces térmicos en Lugo; equipos de citoscopias en Coruña; equipos de raios, insufladores endoscópicos en Pontevedra ou equipos de endoscopias, electrocardiógrafos e camas eléctricas en varios hospitais.
Asegura que os mantementos preventivos e técnico legais non están ao día (esterilizadores, desfibriladores, electrocardiografos, cabinas de fluxo laminar, etc.) e que tampouco se fan os mantementos correctivos como se di no contrato. “Non está cuberto o servizo as 24 h., a pesar do que diga o Sr. D. Pablo Torres Arrojo. Non teñen a disposición da xerencia os equipos de substitución para casos de avarías. Non teñen libros de mantemento nin plan de mantemento condutivo. Non están localizados en quenda de noite nin en fins de semana e festivos. Os supervisores/as non teñen a posibilidade de comunicar as avarías que se producen fóra da xornada ordinaria, tendo que recorrer ao persoal de mantemento do SERGAS”.
A situación agrávase nos Hospitais Comarcais (O Barco, Monforte, Burela) xa que non teñen presenza física todos os días e en caso de avarías é imposíbel dar resposta. Máxime se temos en conta os tempos fixados na oferta (avaría critica 1 minuto, avaría urxente 10 minutos, avaría normal 15 m. e de resolución máximo 24h.), sinala a CIG-Saúde.
A CIG-Saúde pide ademais explicacións a respecto da existencia de duplicidade de contratos, e a modo de exemplo cita o que está a ocorrer na Área de Xestión Integrada Pontevedra e Salnés, cos contratos de Gambro/Hospal, (equipos de diálise), Alcon (equipos oftalmolóxicos) e a revisión de quirófanos. “Estes equipos teñen a cobertura de mantemento ou ben a través da compra do propio equipo ou a través do subministro de material e nalgúns casos contratos independentes”.
Lembra que existe un contrato con IBERMAN, S.A. no que están contemplados todos estes equipos, como queda reflectido no Prego de Prescricións Técnicas e na oferta da empresa. Por iso afirma que “se isto é optimizar a xestión e reducir custes que nolo expliquen” e conclúe que isto “é un grande negocio para as empresas privadas e unha ruína para o sistema público que ten que pagar por un servizo que non ten”.
A CIG-Saúde denuncia tamén que o Director de Recursos Económicos do SERGAS, Pablo Torrres Arrojo, adxudicou ao Grupo Empresarial Electromédico IBERMAN, S.A. máis de 36 millóns de euros:
Hospital Comarcal Gutiérrez Ortega de Valdepeñas (1999-2001) 2.800.00,00.- €
Hospital Universitario Clínico San Carlos, Madrid (2001-2008) 2.790.000,00.- € e o (8-9-2005) 2.790.000,00.-€
Hospital Universitario Príncipe de Asturias, Alcalá de Henares (2008-2009) 2.630.400,00.-€
SERGAS (2013- ) 25.142.003, 19.-€
Entende que é unha sangría para o sistema público que está a ter graves consecuencias, como é a descapitalización de todo o equipamento existente nos servizos, polo que exixe ao SERGAS que, de inmediato, rescate o servizo de electromedicina antes de que a situación se deteriore irreversíbelmente.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



