A Asociación Mulleres de San Ciprián, que preside Amparo Pernas, informa da apertura do prazo de inscrición do curso de cociña que se impartirá do 10 ao 14 de marzo na Casa do Mar en horario de 18 a 20 horas. Unha actividade que inclúe clases prácticas e degustación dos pratos elaborados. A encargada de impartir o curso será Pilar Martínez, máis coñecida como Pilar Lechuza, e autora de http://www.lacocinadelechuza.com/ un blog de cociña que recibe 6.000 visitas diarias e na que esta veciña de San Cibrao, de orixe coruñesa, publica periodicamente numerosas receitas paso a paso. Un blog que dende a súa apertura hai sete anos recibiu máis de 17 millóns de visitas.
Este curso está organizado pola Asociación Mulleres de San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo, Xunta de Galicia e Alcoa. Para inscribirse, as persoas interesadas poden achegarse ata o local da asociación ata o día 6 de marzo, ou na Casa da Cultura de 9 a 13:30 h. Cabe destacar que o curso ten un prezo de 20 euros para contribuír cos gastos do material e a comida, que probarán e incluso levarán para casa os participantes.
En canto aos contidos do curso, o obxectivo é que o alumnado aprenda a elaborar preparacións sinxelas pero versátiles, que servirán de base para outros moitos pratos. Cada día do curso, os asistentes prepararán un primeiro prato e unha sobremesa. Ademais, recibirán consellos sobre como reutilizar os restos dos diferentes pratos.
A presidenta da entidade, Amparo Pernas, asegura que “esta actividade pode ser moi útil para calquera persoa que queira aprender ou mellorar os seus coñecementos sobre cociña, teña o nivel que teña”. Pernas destaca ademais o carácter práctico da actividade, “que permite aos participantes traballar coas súas propias mans os diferentes pratos e probalos, de forma que poden ir resolvendo dúbidas antes, durante e despois do proceso”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



