Ribadeo, 26 de febreiro de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, destaca que o Concello atende axiña os problemas das familias máis necesitadas de Ribadeo diante da inoperancia da Xunta, que tarda ata tres meses en resolver as denominadas axudas de emerxencia social. Ademais Suárez Barcia aclara que en ningún momento deu a coñecer a identidade dos beneficiarios desas actuacións municipais. Deste xeito rexeita as acusacións realizadas desde o PP ribadense.
O rexedor subliñou que “en ningún momento se deu dato algún dos beneficiarios das axudas, polo tanto a xente pode estar tranquila, salvo que se alarmen polo que di o señor Penabad, dando a entender que si se poden identificar. De todos os xeitos, posto en contacto cos servizos sociais municipais, dinme que no día de onte dúas persoas máis preguntaron por estas axudas, xustamente co mesmo problema da factura eléctrica, porque o viron na prensa. É dicir que de provocar algo, a noticia provoca un efecto chamada doutras persoas que están a pasar pola mesma situación”.
Para Fernando Suárez “o goberno central está en proceso de liquidación dos servizos sociais municipais coa nova lei de administración local, xa en vigor, na que lle quita estas competencias á administración máis próxima aos cidadáns, que ademais é a que resposta con máis axilidade. De feito a Xunta contempla axudas por este tipo de situación, pero tarda máis de tres meses en resolvelas, entón esas persoas atópanse con que a luz lles foi cortada. Chamábanse axudas de emerxencia social e curiosamente a Xunta ven de cambiarlles o nome na Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, pasando a chamarse axudas de inclusión social, ¿terá isto algo que ver coa rapidez na resolución de expedientes?”. O alcalde ribadense engadiu que “falando de axilidade e resolución de expedientes ¿canto tempo está tardando a Xunta en resolver os expedientes de Risga?, estoume a referir a unha prestación que garante uns ingresos minimisimos en unidades familiares nas que xa é o último recurso. Pois o prazo vai máis aló dos 6 meses, e normalmente coinciden os expedientes de solicitantes de Risga e as familias con problemas para pagar os recibos”.
O rexedor considera que “o goberno estatal está a subir a luz e defende que a baixa, baixa os salarios e din que soben, soben os impostos e din que pagamos menos, esa é a rara forma que teñen no PP de entender a crise e explicarlla aos que a padecen. Son os servizos sociais municipais os que constatan cada día como familias normais non poden acender a calefacción por non poder facer fronte aos recibos. Esa é a triste e crúa realidade coa que nos atopamos case a diario”.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



