Santiago, 26 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, mostrou a súa satisfacción polo traballo “rápido e eficaz” levado a cabo polos Gobernos de Galicia e de España destinado tanto a garantir a seguridade dos cidadáns como a reparar e compensar os danos ocasionados no litoral como consecuencia da sucesión de temporais acontecidos nos últimos meses.
Tras a aprobación destas axudas “que incluso melloraron a situación precedente”, o parlamentario popular considera “absurdo” que o PSOE repetira no Pleno do Parlamento unha iniciativa en relación cos temporais cando fai “pouco máis de 15 días xa acadaron un acordo unánime nesta mesma Cámara, en concreto na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar o 5 de febreiro”.
Daquela, as catro forzas políticas con representación no Parlamento acordaban instar á Xunta á avaliación dos danos e á posta en marcha do plan de recuperación. “Todas estas peticións ou están cumpridas ou en plena execución. Nada cambiou nos últimos 15 días, e se o fixo, foi a mellor, porque agora xa están convocadas as correspondentes axudas”, dixo Balseiro.
DANOS DO TEMPORAL
O voceiro do Mar dos populares galegos quixo poñer de manifesto, unha vez máis, que “os Gobernos de España e Galicia traballaron desde o primeiro momento de xeito conxunto, coordinado e eficaz para poder paliar os danos ocasionados polo temporal”.
Así, por exemplo, no ámbito autonómico, Portos de Galicia xa realizou un primeiro balance provisional, que eleva a 4,2 millóns de euros os danos causados nas infraestruturas portuarias e propuxéronse un total de 113 actuacións de valoración e reparación de danos. “Entre elas, 38 son obras xa executadas por considerarse de emerxencia, 23 están en execución, 24 xa están valoradas e pendentes de orzamento e 4 máis permanecen sen valorar pendentes de ser revisadas polos mergulladores cando as condicións climatolóxicas o permitan”, apuntou.
Balseiro lembrou tamén que, no ámbito estatal, o Consello de Ministros aprobou o pasado venres un Real Decreto-Lei a través do cal adóptanse medidas urxentes para reparar os graves danos sufridos polas tormentas de vento e mar. O deputado popular relatou que “o Goberno vai adoptar medidas dirixidas á restauración de infraestruturas no dominio público marítimo terrestre, necesarias para reparar elementos de defensa do litoral que quedaron afectados (praias, espigóns, etcétera), así como para reparar paseos e zonas anexas ás praias e portos”. A batería de propostas inclúe tamén axudas ás corporacións locais polos gastos causados para facer fronte a estas situacións de urxencia, como, por exemplo, a retirada de areas ou limpeza de vías e paseos marítimos.
SECTOR PESQUEIRO
O voceiro do Mar dos populares galegos quixo salientar que o Real Decreto-Lei aprobado polo Consello de Ministros engade tamén disposicións específicas para axudar a empresas e profesionais do ámbito pesqueiro.
“Entre elas hai que destacar os beneficios fiscais aprobados e nos que se recollen medidas de flexibilización do réxime laboral e exencións de cotas da Seguridade Social, como a moratoria de ata un ano sen interese no pago das cotizacións á Seguridade Social das empresas e os traballadores por conta propia que sufran danos ou perdas de actividade directamente derivadas do temporal, como é o caso de pescadores e mariscadores”, indicou Balseiro.
SEGURO DO MAL TEMPO
Finalmente, o Grupo Popular non apoiou a petición do PSOE na que se reclamaba a recuperación do seguro do mal tempo xa que, ademais de estar mal formulado polo bipartito (como recoñecía o Grupo Socialista na propia exposición de motivos da iniciativa), tampouco foi apoiado polos profesionais da pesca, xa que só subscribiron pólizas subvencionadas o 4,2% da flota.
“Todo isto mentres a Xunta pagaba inxentes cantidades de diñeiro público a unha aseguradora. Como se neste país sobran os cartos vostedes piden que recuperemos as compensacións unha empresa privada para que volva a ofertar un seguro que non era desexado polo sector”, lembrou Balseiro.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



