Burela, 13 de febreiro de 2014. Academia A Mariña ofertará en breve un Certificado de Profesionalidade de nivel 3 dirixido a docentes que queiran exercer como tal na impartición destos certificados. Este novo certificado, Docencia de la formación profesional para el empleo, será a titulación que permitirá a quen desenvolve a súa actividade profesional no ámbito público e privado, en centros ou entidades que impartan formación profesional para o emprego, tanto para traballadores en activo, en situación de desemprego, así como a colectivos especiais.
Ramón Hermida, director de Academia A Mariña, explica que “el certificado de docencia para el empleo capacita y acredita a los formadores para impartir formación subvencionada y privada en los certificados de profesionalidad”. A formación será presencial con inicio previsto en maio e cuhna duración de 340 horas con prácticas en empresas. Dita formación financiarase de forma privada ou bonificarase das cotas da formación continua.
Hermida sinala que “no cabe duda de que la formación profesional, hoy en día, se ha convertido en la puerta de entrada al mercado laboral. Y los jóvenes lo saben. De ahí que, además de sus titulaciones universitarias, retomen su currículum y lo doten de contenidos que garanticen su nivel de empleabilidad. Solo falta poner a andar este tipo de formación y habilitar a los docentes”. E engade “solo mediante una preparación exhaustiva en la didáctica de los certificados de profesionalidad por parte de los tutores se podrá lograr esa adecuación entre oferta y demanda y solo con buenos profesionales de la enseñanza conocedores de las distintas estrategias que se deben manejar en la elaboración y desarrollo de los contenidos de los certificados se podrá transmitir los objetivos que pretende cada certificado según la familia profesional a la que pertenecen”.
O director de Academia A Mariña indica que “aparecen en el mercado, pues, los certificados de profesionalidad y surge la figura del tutor que va a ser la pieza clave en el desarrollo de los certificados de profesionalidad. Ningún certificado podrá ser impartido por docentes que no se hayan formado previamente en la docencia de la formación profesional para el empleo. De ahí que nuestro centro vaya a impartir, de forma privada, este nuevo curso dirigido a todos los decentes que quieran dedicarse a la formación”.
Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao 982 58 50 98.
























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



