O colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA abre en Viveiro unha exposición de fotografía. Trátase da exposición “Casares, luces e sombras”, do fotógrafo Pepe Ventureira, que vai estar aberta na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro durante a primeira quincena do mes de marzo. A obra, que se presenta en formato A1 e A2 nunha montaxe laminada mate sobre plumatec, poderá ser visitada nos días laborables de 19.00 a 20.30 horas.
