Lourenzá, 14 de febreiro de 2014. O desfile do Domingo de Piñata, que é o acto principal do Entroido de Lourenzá, cambiará o sentido do percorrido aínda que irá polas mesmas rúas que en anos anteriores. Repartiranse 4.675 euros entre todos os premios que se entregarán. Celebrarase o domingo 9 de marzo e da organización encárgase a asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello, que presentaron os actos este venres.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou que “poñeranse a disposición das persoas que veñan disfrazadas 4.675 euros en premios, dos cales o Concello aporta 2.000 e 2.675 a asociación de comerciantes. Este desfile cada vez ten máis soleira polo que pensamos que este ano, se o tempo nos acompaña, incluso poida haber máis participación como consecuencia da presentación que fixemos o pasado domingo no Macroentroido que houbo en Santiago de Compostela”.
A rexedora municipal especificou que “destes 4.675 euros que se reparten en premios 3.375 están divididos para comparsas, charangas, carrozas, grupos de adultos, parellas e individuais, tamén de adultos. Para os participantes infantís haberá 1.250 euros, que se repartirán entre grupos, parellas e individuais. Ademais hai un premio especial para o máis chistoso, que levará 50 euros”.
Emma Álvarez tamén explicou que “como novidade este ano cambiamos o percorrido do desfile, que é de aproximadamente a mesma distancia do que se viña facendo en anos anteriores (un quilómetro e medio) e pasará polas mesmas rúas, pero cambiamos o sentido. O motivo é que había un pequeno embotellamento cando se xuntaba a cola coa cabeza do desfile. Pero tal como organizamos para este ano nunca se vai cruzar, posto que entra no Cantón, onde remata, por unha vía distinta a pola que vai circulando continuamente o tradicional desfile. A inscrición para participar poderá facerse no recinto feiral de 12 do mediodía a 3 da tarde dese mesmo día. Os que non leven o dorsal non serán puntuados, polo que animamos a que a xente se pase por Lourenzá de 12 a 15 horas e nos acompañen xa ata a hora do comezo do desfile, que será ás catro da tarde. A organización reservarse o dereito de cambiar o percorrido a última hora, se houbera algún imprevisto, ou mesmo suspender o desfile por causas de forza maior, como pode ser o tempo. Esperemos que os temporais que estes días nos están acompañando remitan para que o 9 de marzo poida facerse este desfile con total normalidade, como se ven facendo de xa hai moitos anos”.
A alcaldesa engadiu que “os premios entregaranse na Praza do Conde Santo e os gañadores teñen que recollelos ataviados co disfrace ou co dorsal co que desfilaron. Despois haberá unha actuación musical no Cantón e acabarán os actos cunha festa de disfraces”.
Na presentación celebrada hoxe participaron a rexedora municipal e catro membros da directiva de ACIAL: a vicepresidenta, Marta Sánchez Seivane; o secretario, Roberto Díaz Expósito; a tesoureira, Lucía Cajoto; e a vocal Geno Blanco.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



