Cervo, 28 de marzo de 2014. O BNG no apoiou no pleno celebrado na tarde de onte en Cervo a modificación crédito proposta pola alcaldía para utilizar unha parte do remanente positivo de tesourería de 2013 na obra de conversión do céspede do campo municipal da Veiga de herba natural a artificial cun investimento 378.816,87 €. Dende o BNG consideran que o estado das instalacións e a presión de equipos e actividade sobre o céspede, aínda requirindo coidados e melloras na zona de vestiarios e gradas, non parece prioritario un investimento de tal contía mentres a maioría das parroquias do concello se manteñan sen redes básicas de saneamento que si consideran unha prioridade.
DEFENDEN A SÚA POSTURA COMO RESPONSÁBEL TENDO EN CONTA O CONTEXTO ECONÓMICO E AS CARENCIAS EN SERVIZOS BÁSICOS DO CONCELLO
O BNG cre que a súa posición no pleno “é responsábel tendo en conta o contexto de crise económica actual e as necesidades do concello”. Non nos parece acertado nin xustificado este investimento na actualidade a tenor do estado das instalacións deportivas da Veiga e moito menos coñecendo que das cinco parroquias do concello so unha dispón na actualidade de redes básicas de saneamento e depuración de augas residuais, aínda que outra estea en camiño de rematarse.
AS INSTALACIÓN DA VEIGA REQUIREN COIDADOS E ALGUNHA MELLORA PERO NON UN INVESTIMENTO TAN CUANTIOSO
Para a fronte nacionalista o estado do Campo Municipal da Veiga require coidados e mantemento, aos que o goberno local está obrigado, pero as actuacións prioritarias nas instalacións deben ir dirixidas á mellora de gradas e vestiarios, non a unha remodelación total do céspede para convertelo en artificial cun gasto das dimensións que se pretende.
O CONCELLO SEGUE TENDO UNHA DÉBEDA BANCARIA IMPORTANTE
Os nacionalistas aseguran que a situación da débeda bancaria municipal, aínda mellorada pola obrigas derivadas do Plan de Axuste imposto polo goberno do estado, “deberan facer reflexionar ao goberno local sobre cales son as prioridades de gasto e si se está en condicións de amortizar créditos, deberíase facer”. Ao BNG non se lle escapa que a final deste ano, “a débeda bancaria municipal repartida entre o censo municipal achegarase aos 600 euros por habitante”.
ATE AGORA O REMANENTE DE TESOURERÍA POSITIVO DEBIA IR DESTINADO OBRIGATORIAMENTE A AMORTIZACIÓN DA DÉBEDA
A medida proposta polo goberno local ven derivada da modificación regulamentaria sobre o uso do remanente positivo de tesourería para gastos xerais, que sendo positivo, abre a posibilidade de facer investimentos ate agora limitados unicamente á amortización das débedas existentes. O tipo de investimentos posíbeis definiuse nunha serie de disposicións lexislativas que limitan o gasto a actuación financeiramente sostíbeis e que entre outras serán as referidas a actuacións de saneamento e abastecemento de augas, recollida e eliminación de residuos, fomento do turismo, comercio ou aproveitamento de recursos produtivos propios, alumeado público, mellora de camiños veciñais, protección do patrimonio, etc. O goberno local deulle encaixe ao investimento no campo de fútbol da Veiga no apartado relativo a “rehabilitación e reparación de inmobles de propiedade municipal a efectos de servizo público”.


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



