O Concello de Alfoz, a través da Mancomunidade de Concellos Mariña Lucense”, forma parte dun programa de Compostaxe Doméstica en colaboración con SOGAMA
Con este programa preténdese aumentar o número de fogares que contan con este servizo no concello, motivado polos resultados moi favorables obtidos na campaña anterior. As persoas interesadas poden acudir ás oficinas municipais para cumprimentar a solicitude. O número de contedores a distribuír é limitado, o reparto será por rigoroso orde de solicitude.
Os interesados en recibir máis información poden dirixirse ás Oficinas Municipais de luns a venres en horario de 8:30 a 15:00 horas, ou chamando ó teléfono 982 558 581.