Continuando coa Programación de Inverno o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza o vindeiro 14 de marzo un acto informativo baixo o título “Por que se incrementa o recibo da luz?”. O acto, que estará a cargo do economista Adrián Dios Vicente, autor dunha tese doutoral sobre o sistema eléctrico, terá lugar na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro o venres 14 de marzo ás 20:30 horas. A entrada a este acto público é libre até completar o aforo da sala. Por outra banda o colectivo viveirés informa que segue aberta a exposición “Casares. luces e sombras”, do fotógrafo Pepe Ventureira ,que pode verse na Sala da Biblioteca Municipal, na Praza Maior de Viveiro, durante a primeira quincena do mes de marzo, de 19 a 20:30 horas, os días laborabeis.
Por que se incrementa o recibo da luz?
Por que se incrementa o recibo da luz?
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón