Santo André de Boimente, 27 de abril de 2013.- O sábado 26 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 7ª edición da Festa do Medio Natural organizada pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas.
As portas do Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente abríronse a 13.30 horas coa música de Vivarium, mentras as/os convidados ían chegando. Cando xa o salón de baile estaba ateigado de público a Presidenta do colectivo Fraga das Saímas aproveito para darlles a benvida a todos os presentes e agradeceu a boa acollida desta 7ª edición da Festa do Medio Natural coa que o colectivo de mulleres celebraba a chegada da estación primaveral. Durante o seu discurso animou aos presentes a gozar ao máximo deste evento e desvelou ao público que o colectivo Fraga das Saímas ía celebrar, durante a sesión de baile amenizada por Vivarium, o seu Iº Concurso de Baile e animou a participar a todas as/os amantes do baile neste concurso sorpresa que o colectivo xa viña deixando adiviñar en días pasados.
Logo do xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro”, do que deron boa conta os máis de setenta socias, familiares e amigos, o colectivo de mulleres Fraga das Saímas propúxolles aos comensales disfrutar dun espectáculo de ilusionismo, maxia e humor co mago de referencia da Comarca da Mariña, o Mago JOGE, que logrou meterse no bolsillo a todo o público coa súa extraordinaria actuación de maxia, durante a cal fixo partícipe dos seus xogos de ilusionismo a todos os espectadores, logrando interactuar co público con grande éxito.
Rematada a actuación do mago cervense Jorge Manchado, deu comezo a sesión de baile a cargo do grupo Vivarium e con el o Iº Concurso de Baile “Fraga das Saímas”, onde se apuntaron máis de 10 equipos para concursar na categoría de parellas e unhas 20 persoas para concursar na categoría individual. Logo de bailar cinco estilos de música e dun reñido desempate o xurado calificador, (formado por Mario e Idoya do grupo Vivarium e Flor Chao en representación do colectivo Fraga das Saímas), acordou que o premio deste Iº concurso de baile, na categoría de parellas, fora para Carmiña e Paco e que o premio correspondente á categoría de baile individual fora para Lourdes Cobelo. Os premiados foron agasallados cun diploma e un premio en metálico de 40 € e 20 € respectivamente.
As portas do Centro socio-cultural de Santo André de Boimente pecháronse pasadas as 22.00 horas, logo dunha longa sesión de baile, onde tanto os participantes no concurso de baile coma a actuación musicial do grupo Vivarium foron moi aplaudidos e vitoreados.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



