Burela, 3 de marzo de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, anunciou hoxe que no prazo dun mes darán inicio as obras necesarias para adaptar as instalacións de tal xeito que permitan acoller no Hospital da Costa, en Burela, os tratamentos oncolóxicos.
O parlamentario popular quixo aclarar que non é preciso esperar á ampliación do hospital para que se poidan dar tratamentos de quimioterapia en Burela e confirma que, de feito, xa existe un espazo dispoñible e determinado sobre o que se desenvolverán as obras de adaptación para albergar o novo hospital de día oncolóxico.
En todo caso, Balseiro amosouse sorprendido pola falta de seriedade dos socialistas que reclaman agora, nos medios de comunicación, o mesmo servizo polo que votaron en contra no Parlamento galego cando o Partido Popular, a finais do ano pasado, presentou a súa iniciativa destinada a posta en marcha do servizo de oncoloxía.
“En novembro o PSOE non quería o servizo de oncoloxía no Hospital de Burela e hoxe reclama ao SERGAS que o poña en marcha de inmediato. Esta é a pouca seriedade que teñen os socialistas cando se trata de falar dos servizos sanitarios. Pero os populares seguimos comprometidos coa mellora da sanidade pública na comarca e faremos realidade os nosos compromisos, como tamén dotamos ao Hospital da unidade de atención a domicilio que en tempos do bipartito non foron quen de poñer en marcha”- dixo o parlamentario popular
Fronte as dúbidas da oposición, Balseiro quixo ratificar a firme vontade do PP e do Goberno galego para a posta en marcha desta nova prestación hospitalaria da que serán potenciais beneficiarios entorno a 80-100 pacientes da comarca que ata o de agora teñen que desprazarse ás cidades de Lugo ou da Coruña para recibir os tratamentos de quimioterapia.






















O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



