O pentatleta mariñán, Cristóbal Rodríguez Fidalgo, campión de España de pentatlón moderno, estivo cos organizadores da II Carreira popular das praias, interesándose por esta fermosa carreira.
Cristóbal, actualmente residente no Centro de Alto Rendemento de San Cugat (Barcelona), aproveitou a súa estadía vacacional na Mariña lucense, para adestrarse nas nosas praias e interesarse pola II edición da Carreira Popular das Praias, que se celebrará en Barreiros o vindeiro 17 de maio.
Os organizadores da carreira comentáronlle os pormenores da proba, que consistirá en carreiras infantís que se celebrarán a partir das 11.00 horas, con varios circuítos na praia de Altar, e a carreira absoluta, que constará dun percorrido de 11 km. pola propia area das praias de Barreiros, con saída en Punta Anguieira, chegando ata a praia de Lóngara, ida e volta.
Haberá trofeos por categorías, incluíndo como novidade nesta edición as categorías de parellas, masculina, feminina e mixta.
A inscrición é totalmente gratuíta, xa que a organización quere “reivindicar o tratamento popular desta carreira fronte ó que empeza a ser un negocio neste tipo de eventos”.
Os interesados en inscribirse, poden contactar a través da web http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com, onde teñen toda a información da carreira, no correo electrónico xose9@hotmail.com ou no teléfono 625 821 044. O prazo remata o mércores 14 de maio.
Os organizadores agardan contar cunha participación similar ou superior á da edición anterior e agradecen a colaboración de administracións, empresas e particulares para a organización da mesma e para poder ofrecer ós participantes agasallos e avituallamento ó remate da carreira.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
