O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este luns o debate “O futuro do monte galego”, enmarcado no ciclo Galicia en clave económica, organizado por Deputación e Economía Digital, coa colaboración de El Progreso. Despois da boa acollida que tiveron estas xornadas na capital luguesa, o organismo provincial estreou este martes en Viveiro o primeiro dos debates que levará por toda a provincia co fin de achegar ós lucenses un análise rigoroso da realidade socioeconómica de Galicia, no que expertos do país propoñen e compartes solucións. Nesta ocasión, os poñentes foron Emilio Santos, Ana Oróns e Manuel Galdo.
“Abrimos esta nova etapa falando dunha actividade fundamental para a economía da comarca da Mariña e de toda Galicia: o sector da madeira”, destacou Besteiro, apuntando que a facturación da industria da madeira e o moble chegou no 2013 ós 1.668 millóns de euros, un 2,6% máis que no 2012, segundo os últimos datos de Confemadera Galicia. “Isto significa que, a pesar do embate da crise, Galicia segue sendo unha potencia forestal, posto que producimos 7 millóns de metros cúbicos ó ano, a metade da madeira de España, e ocupamos o 9º posto a nivel mundial, cun sector que sostén 70.000 empregos directos e indirectos”.
“Pero este non é nin moito menos o teito desta actividade industrial no noso país. Temos que afrontar e resolver os históricos problemas estruturais do monte galego. As posibilidades son enormes”, defendeu o Presidente. “Segundo un recente estudo elaborado pola Fundación Barrié, do que precisamente se fixo eco Economía Digital, unha adecuada xestión e aproveitamento do territorio en Galicia permitiría duplicar o peso da industria forestal no PIB galego, pasando do 3% que representa hoxe, ó 6%; crear uns 70.000 novos empregos; fixar poboación, e poñer freo ós incendios. A experiencia demostra que arden os montes abandonados; os que están coidados poden arder, pero é máis fácil extinguilos”.
“Na comarca da Mariña temos un exemplo, un modelo, en canto á rendibilidade económica, social e medioambiental que leva consigo unha boa ordenación e aproveitamento forestal. Con máis de 92.000 hectáreas forestais e 25 millóns de euros facturados ó ano polas cortas, esta é unha das zonas de maior produción de Galicia, e, ó mesmo tempo, a comarca que rexistra menos lumes de toda a comunidade. Segundo as estatísticas oficiais, prodúcense 23 incendios ó ano, fronte ós, por exemplo, máis de 500 de Verín-Laza. De feito, en dúas décadas non houbo na Mariña incendios de máis de 200 hectáreas. As condicións climáticas inflúen nesta baixa incidencia dos lumes, pero dende logo que non é o único factor. A clave está na ordenación forestal e en que os montes xeran riqueza para os mariñanos, teñen valor. Creo que este é o camiño que debemos seguir” avogou Besteiro.
Expertos
Os poñentes do do debate O futuro do monte galego foron:
Emilio Santos: licenciado en Económicas pola Universitat de Barcelona, ten desempeñado diferentes postos directivos en Finsa, primeiro grupo madeireiro de Galicia. Na actualidade é Vicepresidente do Patronato da Fundación Apóstol Santiago de Ciencias Sociais e da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA).
Ana Oróns: Secretaria Xeral de Confemadera, leva máis de 9 anos implicada na defensa dos intereses do sector dende as organizacións que o representan en Galicia. Ten exercido unha labor fundamental na análise do aproveitamento forestal e do desenvolvemento das preto de 3.000 empresas vencelladas ó monte galgo. É directora do Grupo Gallego de Certificación Forestal y Cadena de Custodia.
Manuel Galdo: Presidente de Promavi, organización que representa ás asociacións de produtores de madeira de Viveiro, e outros propietarios dos Concellos de Ourol, Xove e O Vicedo, nacidas en resposta a unha estrutura forestal galega marcada polo minifundismo privado. Actualmente, Galdo está impulsando unha das primeiras cooperativas de produtores de madeira de Galicia.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



