Os populares de Viveiro advirten que “en breve se procederá á publicación das resolucións das ordes de axuda do Fondo de Compensacion Ambiental e de Infraestruturas de uso público para os Concellos gallegos que de ser similar ó do pasado ano rondará os 8 millóns de euros”.
O Fondo de Compensación Ambiental impulsado pola Xunta no ano 2010 permite ós Concellos beneficiarse dos recursos eólicos. Deste xeito, “Viveiro benefíciase dunha contía que ronda os 110.000 euros para invertir en actuacións medioambientais”, explica o concelleiro Celestino García.
PP de Viveiro, xa en anos anteriores, fixo propostas de obras ó Goberno Local nos diversos programas de mellora, coma o PEIM2012, cunha moción no Pleno do 31/01/2012 ou nun escrito dirixido ó Alcalde o 8/10/2013 cunha proposta de obras a realizar dentro do programa subvencionado do Fondo de Desenvolvemento Rural. “Propuestas que una vez más fueron ignoradas por los Grupos de Gobierno, desoyendo las demandas vecinales. No obstante, el PP de Viveiro ha dejado constancia en dichas solicitudes de las demandas de los vecinos de las distintas parroquias como la reparación de pistas en aglomerado o la dotación saneamientos”, apunta García.
O PP de Viveiro atendendo ás demandas dos veciños “solicitaremos, una vez más, públicamente y por escrito a los grupos que formamos la corporación municipal tengan a bien estudiar y aceptar alguna de las siguientes propuestas”:
1. Dotación de saneamentos en Porta da Leira nas Pallaregas e do Barrio de Sacido na parroquia de Covas.
2. Mellora dos accesos a Pozo da Ferida, en Chavín.
3. Mellora e adecuacion medioambiental dos accesos ó Pozo da Ferida
4. Reposición de abastecemento e saneamento da rúa de acceso ó antigo colexio de Covas
5. Reparación de accesos ós burgos de O Areal, O Rio e Lavandeira en Vieiro
6. Reposición dos accesos desde Catro Camiños a Teixeiro na parroquia de Celeiro.
7. Reparación de Portada entre os Barrios de Foro e Comiños en Escourido ata o lugar de Pardiñás nuns 1.200 metros lineais aproximadamente, na parroquia de Covas
8. Reparación dos accesos en Poo- Valcarria
9. Canalización de abastecemento para a fonte pública no Barrio de Pénjamo.
10. Reparación do acceso a Morgade en San André de Boimente.
11. Colocación de paneis solares en edificios oficiais e deportivos propiedade do Concello en aras a lograr maior aforro enerxético.
O ano pasado a Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia, dotou a Viveiro, dentro del Fondo de Compensación Ambiental cunha subvención de 111.454,64 euros que se investiron na zona deportiva de Lavandeiras.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



