CERVO, 5 DE ABRIL. Os socialistas de Cervo lamentan que o equipo de goberno non invitase á presentación dos Pasatempos de Primavera 2014 ás diferentes asociacións municipais que participan na organización dos eventos que se van celebrar nos vindeiros meses de abril, maio e xuño, “parécenos de mal gusto, por parte do goberno de Cervo que non estiveran presentes neste acto representantes dos colectivos participantes”.
Nesta mesma liña, subliñan que “o noso municipio é moi rico en asociacións de todo tipo, culturais, veciñais, deportivas. E todas son moi dinámicas e colaboradoras. Aproveitamos para agradecer esta labor dinamizadora do Concello e lamentamos que o equipo de goberno non teña contado con eles”.
Dende o Grupo Municipal Socialista non entenden esta maneira de actuar salvo que “pensemos no afán protagonista ou na prioridade ó rédito persoal e político ó que nos ten acostumados este equipo do Partido Popular”.