O Burela Pescados Rubén B superou a proba de Bueu onde venceu por 5-8 nun choque con alternativas, intensidade e emoción ata o final. Os pupilos de Lucas lograron liquidar un choque no que tras un mal arranque remontaron nunha segunda parte de toma e daca continuo, cun hat trick de Carlos. Xoel aumentou a renda laranxa pero o Bueu reaccionou para situarse por diante (5-4) a sete do final. Un novo tanto de Carlos, o cuarto na súa conta particular, igualou de novo o encontro e Manu certificou a remontada con dúas tantos máis no sprint final, Antón redondeou a vitoria (5-8) da escuadra mariñá que suma tres puntos vitais na súa loita polo título de campión de Terceira División.
Recta final
A falta de 2 xornadas para o final da competición Pazos de Borbén lidera a clasificación con 48 puntos, A Estrada, Burela Pescados Rubén B e Leis Pontevedra ocupan a segunda, terceira e cuarta posición respectivamente con 47 puntos. O quinteto de candidatos ao título complétao o Santiago Futsal B con 46 puntos.
Próxima xornada
Na próxima xornada, penúltima, o Burela Pescados Rubén B recibe ao Carballiño, sábado día 12, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela.
Bueu: Hugo, Esteban, Congui, Toño, Roma -cinco inicial- Rodrigo, Samuel, Adrián.
Burela Pescados Rubén: Brais, Keko, Manu, Antón, Alemán -cinco incial- Carlos, Pancho, Xoel, Javi.
Goles: 1-0, m.2, Esteban; 2-0, m.3, Adrián; 2-1, m.9, Carlos; 2-2, m.24, Carlos; 2-3, m.25, Carlos; 2-4, m.26, Xoel; 3-4, m.27, Roma, 4-4, m.30, Roma; 5-4, m.33, Congui (dp); 5-5, m.34, Carlos; 5-6, m.37, Manu; 5-7, m.39, Manu (dp); 5-8, m.39, Antón.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
