Lugo, 9 de maio de 2014.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron este venres aos representantes dos concellos da provincia de Lugo a convocatoria de axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade. O seu orzamento é de 3,4 millóns de euros, cofinanciados ao 80 por cento polo Fondo Social Europeo.
Susana López Abella e Raquel Arias destacaron o reforzo do Goberno galego na promoción da igualdade nos concellos ca concesión nesta convocatoria de anticipos de ata o 80 por cento da subvención concedida. Contribúese, deste xeito, a que as entidades locais dispoñan dos recursos cando realmente o precisan.
Segundo destacou a secretaría xeral da Igualdade, con esta nova resolución preténdese apoiar e consolidar as actuacións que se están a levar a cabo desde as administracións locais en materia de igualdade, de prevención e eliminación da violencia de xénero, de conciliación así como tamén apoiar a Rede de Centros de Información ás Mulleres (CIM) existentes en Galicia, que suman un total de 80.
Proxectos conxuntos entre entidades locais
A convocatoria é en réxime de concorrencia competitiva e está destinada tanto a entidades locais que presenten as súas solicitudes de xeito individual como mediante o sistema de xestión compartida. As bases reguladoras seguen a priorizar, ao igual que o ano pasado, as solicitudes presentadas conxuntamente por varios entes locais, concedéndolles maior puntuación pasando dos 30 puntos da anterior convocatoria aos 40 puntos concedidos na actual.
Os concellos que se agrupen ou asocien deberán presentar un convenio de colaboración relativo a esta agrupación ou asociación. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A resolución publicada esta mesma semana ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, ás entidades locais de Galicia destinadas a facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes, mediante a realización de actuacións dirixidas a favorecer a igualdade de oportunidades e de trato, á conciliación da vida persoal, familiar e laboral; á participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural e á erradicación da violencia de xénero.
Accións subvencionables
A convocatoria deste ano engloba os mesmos programas de colaboración coas entidades locais que os contemplados nas anteriores:
• A promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero
• Fomento da conciliación
• Apoio aos CIM
A primeira destas liñas está destinada a medidas como a elaboración e avaliación de plans de Igualdade, accións de capacitación do persoal municipal ou a realización de actividades de coeducación dirixidas á poboación infantil e xuvenil. Ademais, tamén se destinarán a accións de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. A contía máxima que pode recibir unha entidade local nesta liña de axudas é de 10.000 euros no caso de solicitude individual e ata 20.000 euros se é unha solicitude conxunta.
Pola súa banda, o programa destinado ao fomento da conciliación, subvenciona todas aquelas medidas, accións ou programas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, como os bancos de tempo ou os plans de programación do tempo das cidades. Neste segundo programa, a contía máxima será de 12.000 euros para as solicitudes individuais e ata 20.000 euros nas conxuntas.
Por último, o programa dedicado aos CIM, ten por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. A contía máxima por este programa é de 45.000 euros, se é de xeito individual, e ata 100.000 euros no caso dunha solicitude conxunta.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



