Barreiros, 14 de maio de 2014. Seis praias do litoral barreirense reciben a bandeira azul de Adeac este ano. Son: As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar e Fontela-Valea. O alcalde, Alfonso Fuente, subliña que Barreiros segue a ser un referente nestes galardóns en Galicia.
O rexedor dixo que “despois destes dous últimos anos nos que tivemos que afrontar un gran esforzo económico para manter estas bandeiras azuis nas nosas praias, houbo que axustar o número de socorristas, houbo que comprometerse todos, polo que teño que felicitar a todo o persoal municipal que tivo que ocuparse da limpeza das praias cando estaban para traballar noutros servizos, e que poidamos seguir mantendo esas 6 bandeiras azuis que nos acaban de conceder é un feito”.
Fuente Parga sinalou que “se ben é certo que o ano pasado tíñamos 7 bandeiras azuis e este ano baixamos nunha: a da praia de Arealonga, onde existe un problema puntual dun vertido que estamos investigando de onde pode proceder. A depuradora está traballando, pero a auga nalgún momento está dando mal e ademais resulta curioso que en marea alta é cando nos dá mal e en marea baixa xa dá ben. Durante o verán tivemos que balizar nalgún momento para indicar a prohibición de baño nesa zona. O resto da praia segue estando en perfectas condicións e hai socorrismo e vaino seguir habendo a pesar de que este ano non poderá lucir o distintivo bandeira azul”.
O alcalde barreirense está satisfeito “por seguir revalidando esas 6 distincións, manténdose entre os primeiros de Galicia, a pesar de ser Barreiros un dos concellos de menos habitantes dos que están neste primeiro grupo”.
Alfonso Fuente subliñou que “un ano máis Barreiros segue sendo un referente en bandeiras azuis. E non só Barreiros senón toda A Mariña de Lugo segue sendo un lugar excelente para pasar as súas vacacións, para ir á praia e se a maiores teñen distintivo bandeira azul, moito mellor”. E engadiu que “aínda que de aquí ao verán puideramos ir corrixindo esa situación na praia de Arealonga os distintivos danse cando se dan e tómanse as mostraxes do ano anterior. Ao mellor para este ano xa poderemos ter solucionado este problema, pero sen embargo non vai lucir a bandeira azul nesa praia este verán”.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



