Como complemento ó programa do Día do Xubilado organizado polo Concello de Cervo, 50 persoas disfrutaron dunha excursión a Xixón este xoves 29 de maio. Visitaron o Xardín Botánico e coñeceron as zonas máis emblemáticas da cidade. Hai prevista outra saída á Semana Verde de Silleda para o 12 de xuño e o prazo de inscrición está aberto ata o día 7 na Casa do Concello e na Casa da Cultura.
