A vindeira semana haberá unha nova quenda de audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Serán do 12 ao 15 de maio e nas mesmas participarán diferentes especialidades que se imparten no centro. As audicións terán lugar na propia Escola ás 20 horas e a entrada é libre e de balde. O piano será o protagonista da audición do luns; o martes será o clarinete; o mércores o acordeón e a gaita e o xoves a guitarra.
Nova quenda de audicións da EMMeD de Ribadeo