Lugo, 21 de xullo de 2014.- A Xunta de Galicia poñerá en marcha o próximo xoves un novo servizo dentro do plan de actuación para a conservación da praia de As Catedrais. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, anunciou este luns que dende o próximo xoves, “un servizo de guías medioambientais encargarase de atender na zona, na que darán información sobre o enclave e divulgarán os valores medioambientais deste entorno”.
En quendas rotatorias, sempre estarán dispoñibles tres traballadores, que se encargarán das devanditas labores divulgativas e de conservación. Os técnicos traballarán dende o día 24 tódolos días, de luns a domingo, nun horario de 10.00 a 20.00 horas, segundo indicou a delegada territorial.
Entres as funcións básicas dos guías están: información de puntos que poidan entrañar problemas para os visitantes así como para unha degradación do ecosistema, explicación sobre os compoñentes xeolóxicos que conforman a praia e desenvolvemento de actuacións divulgativas no ámbito da educación ambiental con relación a este entorno. Así mesmo, os profesionais informarán sobre as mareas, cuestión particular nesta praia ao cubrir toda a area.
Arias explicou que “estas actuacións témolas que entender a medio prazo, xa que é preciso crear un plan de conservación que resolva as circunstancias especiais desta praia que se veñen repetindo nos últimos anos”.
Estas actuacións súmanse ao proxecto de reforzo dos paneis de advertencia, información e promoción, non só do monumento natural, senón de todos os valores desta costa. As xuntanzas técnicas para o desenvolvemento do plan de actuación da praia das Catedrais continuarán nos vindeiros días, coincidindo xa co inicio da instalación dos paneis, ao tempo que avanza a redacción do plan de conservación.
A Xunta leva a cabo unha actuación para a ordenación do uso público no monumento natural, que sexa compatible coa conservación dos seus valores ambientais e o aproveitamento sustentable do recurso turístico.
Tal e como recoñeceu a delegada, este plan ten dúas fases: a inmediata, na que se encadra a posta en marcha do servizo de guías, e outra a medio prazo, que consiste na redacción do Plan de Conservación do Monumento Natural das Catedrais. A este respecto, Arias concluíu que “esperamos ter un documento listo para a exposición pública este mesmo verán”. No seu conxunto, estas dúas medidas implican un investimento de 160.000 euros, que serán aportados polo Goberno galego.


























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



