Lugo, 22 de xullo de 2014.- A Xunta de Galicia dará formación ao longo dos próximos meses a preto de 2.200 persoas desempregadas da provincia de Lugo para incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Así o explicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, quen presentou a primeira fase da oferta de cursos da Consellería de Traballo e Benestar para traballadores e traballadoras sen emprego.
Arias informou de que nestes cursos invístense preto de 7,5 millóns de euros, dos cales, 3,8 millóns son xestionados directamente polos servizos desta Delegación Territorial de Lugo. Estes datos sobre beneficiarios e investimentos, subliñou, “representan un lixeiro incremento con relación ao último exercicio, se ben estes datos poden aínda aumentar tan pronto se resolvan novos cursos ao longo dos próximos meses”.
Estas accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (AFD) son sufragadas pola Consellería de Traballo e Benestar e promovidas por institucións, entidades sen ánimo de lucro e empresas.
Ata o de agora, segundo sinalou a delegada, están programados 145 cursos, 21 dos cales están organizados por concellos e 19 por sindicatos. Ademais, 21 cursos corresponden aos centros propios da Consellería en Lugo, Viveiro e Monforte. O resto dos cursos correspóndense con accións formativas promovidas por organizacións empresariais e diversas entidades sociais, así como empresas, entre as que se inclúen ás academias de formación.
Importancia da reorientación formativa
O obxectivo destas accións formativas, afirmou Arias, “é reorientar a traxectoria profesional das persoas en situación de desemprego, xa que no actual contexto resulta imprescindible reciclarse e formarse en novas materias; adaptarse para competir con máis recursos no panorama actual do mercado de traballo”.
Ao respecto, Arias valorou “a concorrencia de numerosos actores que axudan a programar unha oferta local, axustada ás circunstancias do municipio ou da comarca, e polo tanto máis próxima ás necesidades reais das empresas”.
Así, destacou que se implicarán neste proxecto 7 concellos da provincia, ademáis da Deputación de Lugo, que organizan en total 21 cursos, catro dos cales son promovidos polo ente provincial, aínda que coa financiación do departamento autonómico de Traballo. En total, a estes 21 cursos destínanse preto de 900.000 euros.
Neste sentido, Arias sinalou que “o número de desempregados que recibirán formación en Lugo a través da Xunta é catro veces superior á oferta da Deputación neste ámbito”, segundo as cifras expostas dende o propio organismo provincial.
Como todos os anos, engadiu, “é tamén destacable a implicación dos axentes sociais, tanto dos sindicatos, a través das súas áreas de formación, como das organizacións empresariais así como das entidades sociais”.
Na configuración da oferta formativa colaboran tamén os centros integrados de formación profesional da provincia, o Politécnico e As Mercedes, de Lugo; e o Porta da Auga, en Ribadeo, así como o IES A Pinguela e o IES Gregorio Fernández, de Monforte e Sarria, respectivamente.
Arias incidiu en que este plan pretenden atender aos requirimentos de competitividade das empresas, recoñecendo os sectores en alza e cualificando ás persoas desempregadas nas habilidades que demandan nos novos viveiros de emprego.
Por iso, subliñou, un ano máis abundan as accións formativas relacionadas coa atención sociosanitaria, ata o punto de que 23 cursos están relacionados con esta materia. “Quere isto dicir –apuntou- que entre todos estamos a aproveitar o importante viveiro de emprego que supón a atención á dependencia, e atendendo aos requirimentos de profesionalización do sector”.
Oferta propia
Arias fixo especial mención á oferta deseñada polos centros propios da Consellería de Traballo e Benestar na provincia, que contan cun orzamento propio e independente do programa de subvencións. Estes centros, asegurou, “xogan un importante papel porque completan o catálogo de cursos, polo xeral introducen accións de corte técnico e dispoñen de instalacións, ferramentas mecánicas e tecnolóxicas axeitadas para a aprendizaxe práctica”.
Así, o Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo organiza 13 cursos, en sectores tan diversos como a atención sociosanitaria, as instalacións eléctricas, sistemas microinformáticos ou electromecánica de vehículos. Igualmente, o Centro de Formación Ocupacional de Viveiro convoca cinco cursos, e a Unidade de Acción Formativa de Monforte outros tres.
Para a Xunta de Galicia, concluíu a delegada, “as accións de formación profesional conforman un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego. Á vista está o importante esforzo inversor que realiza a Consellería de Traballo e Benestar nestas medidas para mellorar a empregabilidade”.





















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



