Cervo, 22 de xullo de 2014.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, concelleiros do goberno local, técnicos de Augas de Galicia e da empresa construtora participaron hoxe no acto de recepción do emisario submarino de San Cibrao. Unha infraestrutura na que a Xunta investiu 1,8 millóns de euros e que vén a completar o saneamento da vila.
Un emisario necesario para extremar todas as precaucións e garantir ao 100% a calidade da auga, especialmente tendo en conta que se trata dunha zona sensible, con empresas de acuicultura instauradas. Desta forma, o emisario submarino o que fai é afastar a auga depurada lonxe da primeira liña de costa e da zona de captación das piscifactorías.
En concreto, este emisario consiste nun conduto de 315 mm de diámetro en polietileno que transporta as augas depuradas dende a EDAR de San Cibrao, no polígono industrial de Cuíña, a 700 metros do litoral, composto por un primeiro tramo terrestre e dous submarinos e que remata nun difusor.
Un saneamento completo
A recepción do emisario permitirá a posta en marcha da depuradora e da rede de saneamento de San Cibrao. Aínda así, a entrada en funcionamento do servizo tivo moitos impedimentos “pola decisión do bipartito de Touriño de cancelar o proxecto de saneamento completo da Xunta do PP para contratar un incompleto”, explica o rexedor.
No 2005 a Xunta tiña contratado un proxecto de saneamento completo por importe de 6,3 millóns de euros, con 20 anos de mantemento incluído. Pero co cambio de goberno o bipartito cancelou ese contrato, compensando á empresa adxudicataria con 200.000 euros. “O bipartito pagou á empresa para que os veciños de San Cibrao non tivesen saneamento”, lembra Villares.
Tempo despois a Xunta, en mans de PSOE-BNG, contratou outro proxecto, incompleto, sen mantemento e sen emisario submarino. Polo tanto, a rede de saneamento de Touriño “estaba coxa” a falta dun emisario. Foi a Xunta de Feijóo a que contratou a construción desta obra e, desta forma, veu a completar a rede de saneamento que o bipartito deixara a medias.
“Lamentamos profundamente a falta de interese do bipartito, que impediu a posta en marcha do saneamento en San Ciprián, e coa complicidade dos representantes de PSOE e BNG de Cervo,” asegura Villares. Da mesma maneira o primeiro edil agradece ao actual goberno da Xunta “a súa sensibilidade cun servizo fundamental coma este e o seu apoio financiando unha obra tan cuantiosa como o emisario submarino”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



