A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar entregou os trofeos do III Campionato de parchís o sábado 12 de xullo no transcurso dunha cea no local social á que estaban invitadas todas as persoas que xogaron o campionato. Nesta terceira edición participaron dez parellas. Logo dunha parada polas obras levadas a cabo polo Concello de Cervo no local, retomouse o campionato a finais de maio, de aí o atraso no seu remate. Ao igual que nas edicións pasadas, a parella con menor puntuación recibiu un burriño (cargado de chocolates). Este ano o equipo merecedor da distinción foi o formado por Josefa Casariego e Modesta Díaz. A entrega de premios foi do seguinte xeito: o terceiro premio para Adela Fernández e Mari Carmen Alonso; o segundo premio levárono María Díaz e Miguel Díaz; o primeiro premio foi, por terceiro ano consecutivo, para a parella formada por Geni Piñeiro e Julio Lamelas.
