A actividade proposta por Nordés arredor das algas para este sábado 26 de xullo está a despertares moita expectación.
De tal xeito que xa van máis de 40 persoas apuntadas para o xantar, polo que se esperan máis ainda para a hora de facer o resto das actividades, que lembramos son a baixada á praia da Ribeira do Carro (Loiba) para ver “in situ” as diferentes especies de algas que se dan, e coñecer de primeira mán cómo se fai o traballo de recolleita, contando para ilo cos coñecementos do algueiro Xosé Antonio Canoura.
Despois do xantar no Restaurante “El Galeón”, tamén en Loiba, co menú feito a base de algas aportadas pola empresa “Mar de Ardora” irase a facer unha visita ás instalacións da mesma.
Por último, e xá á tardiña, rematará a xornada cunha ruta de pinchos feitos coa nosa protagonista por varios bares de Loiba e O Viso.
A resposta a ista iniciativa supera todas as expectativas que tiñan os organizadores, recibindo chamadas dende que se deu a coñecer a xornada no facebook da asociación, a través de carteis e nos medios de comunicación. Así, teremos xente que ven dende A Coruña, Ferrol, contando tamén con xente de máis lonxe, como Madrid ou La Cistérniga (Valladolid), que pasan uns días connosco coñecendo a bisbarra e que non dubidaron en apuntarse ante unha xornada que se amosa como moi interesante en moitos aspectos, entre eles o culinario, por suposto.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



