O vindeiro mércores, dentro dos mércores de natureza que organiza o Concello, desprazarémonos á praia de Abrela para percorrer o sendeiro azul PRAIA DE ABRELA – PUNTA SOCASTRO (8 quilómetros aproximadamente). Despois de percorrer dito sendeiro e regresar á praia de Abrela de novo, embarcaremos en kaiaks para percorrer a zona en ditas embarcacións,podendo admirar esa parte da costa do Vicedo. A ruta de sendeirismo é gratuita e a de kaiaks costa 15€ por persoa. As inscricións deben facerse no 982 59 01 95 ou na propia Casa da Cultura do Vicedo.
Ruta polo sendeiro azul praia de Abrela-Punta Socastro e ruta de kaiaks pola Abrela
Ruta polo sendeiro azul praia de Abrela-Punta Socastro e ruta de kaiaks pola Abrela
Relacionado
-
Este sábado celebrouse en Cervo un Curso internacional de Artes Marciais tradicionais xaponesas da liña Yoseikan, a cargo dos Mestres Edgar Kruyning e Jan janssens, sendo dos maiores expoñentes a nivel mundial
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Centro Cívico
-
Os pequenos e pequenas de Cervo Concilia puxeron a súa imaxinación a traballar e elaboraron orixinais máscaras de buceo usando material de refugallo