O Burela Pescados Rubén afronta un novo desafío na segunda xornada da Primeira División. O conxunto mariñao mídese ao actual campión de Europa, o todopoderoso FC Barcelona que se reforzou a conciencia; Batería, Rafa Usín e Ferrao, para recuperar o trono nacional. O reto entre David e Goliat se dirime hoxe venres 19 no Palau Blaugrana, a partir das 21.00 horas. Esports3 e Barça TV retransmitirán o encontro en directo.
O adestrador burelés afronta este partido “con moita ilusión e con gañas de dar guerra. É evidente que non é nosa liga pero competiremos co obxectivo de puntuar no feudo blaugrana” comentou Juanlu Alonso que considera clave para logralo “correr moito e con sentido. Estamos falando do mellor persoal da competición, defensivamente xa eran os mellores do mundo e reforzáronse moi ben na parcela ofensiva. Está claro que si teñen un bo día é case imposible sorprendelos pero a nosa idea é obrigarlles a esforzarse ao máximo para gañarnos. Temos que lograr sorprenderlos en contragolpes e á súa vez que eles non teñan espazos para desenvolver a súa velocidade. A partir de aí, poderiamos ter opcións”.
Pola súa banda o técnico blaugrana, Marc Carmona, encomiou ao conxunto burelés “É un bo equipo, gústame moito o adestrador, os seus equipos sempre teñen moi claro o que fan, boa defensa, bos fundamentos de ataque, é un equipo ordenado”. Saad está de acordo co seu técnico: “Debemos ter paciencia coa pelota, aproveitar as oportunidades ante portería para marcar goles porque sabemos que será un partido difícil, xa que, como dixo Marc, teñen unha defensa ben organizada e debemos tener paciencia”.
Convocatorias
Burela Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder. 29. Ángel
Bajas: Chano
FC Barcelona: Cristian (1), Aicardo (2), Dyego (7), Lin (8) , Sergio Lozano (9) , Bateria (10), Saad (11), Wilde (13), Ferrao (14), Adrián Ortego (19), Rafa Usín (22)
Paco Sedano (28)
Bajas: Gabriel





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
