A XUNTA non pode seguir pechando os ollos diante dos atracos continuados a que se esta sometendo as explotacións leiteiras. Debe deixar de ser autora ou cómplice destes atracos e porse a defender @s gandeir@s, se queremos que o sector lácteo galego teña dimensión e futuro.
Despois de que a política gandeira da XUNTA esté a obrigar @s gandeir@s a tirar con centos de miles de euros nesta campaña co pago polas cesións de cota para evitar a posible supertaxa, e a permitir que inda hoxe haxa explotacións galegas que perdan parte da cota por non cubrila; atopámonos agora con que as industrias lácteas queren redeseñar o sector a súa medida sen contar con ninguén e co beneplácito das administracións.
Para FRUGA, a situación de crise que se está instaurando no sector lácteo require da creación dun gabinete de crise que articule medidas de resposta e obrigue a interlocución entre as partes que conforman o sector. Xa que os feitos indican que a consellería da por mortas a mesa do leite e a interprofesional láctea, e levará o seu tempo reanimar estes órganos de discusión e toma de acordos; os cales poderían seguir sendo validos se volvesen a funcionar.
O problema que “Leite Rio S.A.” ven de crear nesta semana o falar de leite adulterado pode ser de suma gravidade para o sector lácteo galego; máis se temos en conta que as acusacións non se basean en analíticas independentes coma poderían ser as do LIGAL, se non que so se basean en analíticas da propia industria. Co emprego do valor da lactosa para ameazar os gandeiros con deixar de recollerlles o leite a partires do día 1 de outubro e para baixarlle 2 céntimos no prezo so se busca unha escusa alegal para rachar os contratos e deixar as explotacións que non lle interesan; coma ven de acontecer con socios da cooperativa Arzuana. Engadeselle que nas facturas do leite dos últimos meses, @s gandeir@s están a comprobar coma algunhas industrias lácteas decidiron, tamén unilateralmente, usar, para fixar o prezo do leite, o dato analítico que indica se ó leite se lle engadiu ou non auga.
O punto crioscópico, que é coma se denomina a determinación do punto de conxelación do leite, pode oscilar entre un rango de valores (de -0.512 a -0.550 °C); considerándose en Galiza que o leite podería levar auga engadida se o resultado da análise está entre 0 e -0,520 ºC. Polo que esta análise só se emprega para evitar fraudes por engadir auga o leite.
É incomprensible que algunhas industrias lácteas decidan unilateralmente empregar este dato analítico coma un falso criterio de cualidade esixindo @s gandeir@s superar amplamente este valor de referencia; máis se temos en conta o ligado que esta coa alimentación e sistema de manexo dos animais.
Só se pode entender, se con este proceder as industrias pretenden acadar as seguintes finalidades, dun xeito escuro e intencionado:
1º Nova baixada unilateral dos prezos do leite pagados @s gandeir@s; pondo de manifesto a inutilidade do actual sistema de contratos coma medio de garantir os prezos. Sobor de todo o permanecer as administracións a marxe de obrigar o seu cumprimento.
2º Castigar as explotacións que practican o manexo dos animais en pastoreo en extensivo. Xa que este manexo, máis acorde co que os técnicos recomendan para abaratar custos de produción, implica un punto crioscópico máis alto; pero sempre dentro dos límites.
3º Favorecer as empresas de venda de pensos, racións e concentrados obrigando @s gandeir@s a incrementar o seu consumo.
Fronte a isto FRUGA – Federación Rural Galega considera que uns criterios usados para detectar fraudes non deben ser empregados coma criterios de calidade na fixación do prezo a pagar polo leite; Pois é coma aplicar sancións encubertas e sen base legal. Asemade, implica condicionar dun xeito determinante o manexo das explotacións, coartando a toma de decisións d@s gandeir@s.
Todo o dito pon de manifesto a necesidade de adoptar novas medidas tecnolóxicas que melloren a trazabilidade da toma das mostras do leite; pois o gandeiro é o responsable último desas análises mais non ten o control sobre as mesmas senón que é o propio persoal das industrias lácteas o que recolle e entrega as mostras coa mesma metodoloxía ca de fai 20 anos. Os gandeiros e gandeiras continúan a estar desprotexidos diante das industrias e fronte a unha posible manipulación de mostras, coa finalidade de baixar a liquidación e o pago dos prezos do leite os gandeir@s para mellorar a súa conta de resultados.





















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



