Fanto Fantini, despois do Festival Osa do Mar, ponse á fronte da organización do programa das carreiras solidarias “Alas de Vida” que van ter lugar esta fin de semana en Burela. Todo o recadado destinarase á asociación DEBRA (afectados pola enfermidade “Pel de Bolboreta”).
Programa carreiras benéficas “Alas de Vida”
-Sábado 27 de setembro:
11.30 horas: carreiras infantís
16.00h: carreira popular desde a Praza da Mariña até A Marosa (con actividades para nenos e chocolatada/bizcochada final). Inscripción solidaria de 3€ até 15 minutos antes do comezo da carreira
– Domingo 28 de setembro:
11.00 horas: saída desde a Praza da Mariña da Media Maraton de Montaña “Alas de Vida”. Inscripción solidaria de 10€ na páxina da empresa de cronometraxe (www.empa-t.com).
Ao rematar duchas no pavillón e comida de confraternización.
Máis información na páxina de facebook Alas de vida ou na páxina web para inscribirse www.empa-t.com.
Absolutamente todo o recadado destinarase á asociación da enfermidade “Pel de Bolboreta”. Para máis información sobre a enfermidade e sobre a asociación entrade na súa web: www.debra.es
Recordamos que tamén se poden achegar alimentos non perecedeiros, durante toda a fin de semana, para colaborar co Banco de Alimentos.