Ribadeo, 26 de setembro de 2014. A asociación de produtores de horta de Ribadeo A Sucadoira e a Concellaría de Desenvolvemento Local presentaron este venres o programa da XII Feira da Horta que se celebrará o vindeiro domingo, 28 de setembro, nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo. A actividade, na que colabora Acisa, levarase a cabo en horario de mañá entre as 09:00 e as 15:00 horas e contará cun amplo programa de actividades que foi detallado pola concelleira Ana Martínez. Entre as máis salientables atópanse o propio mercadiño de produtos locais, varias actuacións a cargo da banda de gaitas ribadense Amigos da Gaita, a representación das obras de teatro O Afiador e Os Feirantes e a celebración dunha degustación de tapas elaboradas con produtos da horta nunha decena de bares ribadenses.
Ana Martínez explicou que “este vindeiro domingo, 28 de setembro, celebramos a nosa tradicional Feira da Horta que xa vai pola súa duodécima edición e que terá lugar, coma tódolos domingos do verán, diante da praza de abastos. Esta é unha feira que xa é un clásico e se coñece en toda a contorna, tanto na Mariña coma no occidente asturiano, e que se ven realizando anualmente con motivo do peche dos mercados dos domingos que. Está organizada polo Concello de Ribadeo e pola asociación de produtores e produtoras de horta A Sucadoira e conta coa colaboración estreita da asociación de comerciantes Acisa na súa sección de hostalería”.
A responsable de Desenvolvemento Local no Concello de Ribadeo defendeu que “dende o Concello queremos apostar pola produción e o consumo locais, e neste caso apostamos pola produción de horta porque creemos que é importante a súa comercialización en espazos onde os clientes son directos e coñecen o produto. Por iso este domingo celebraremos un mercadiño a partir das 9 da mañá. Logo a partir das 11, teremos música polas rúas de Ribadeo e no propio mercado da man de Amigos da Gaita. Xa as 11:30 dará comezo o obradoiro infantil no que os nenos poderán construír un hotel para insectos dentro dunha actividade bastante curiosa . E logo tamén, podemos contar dende as 12 con teatro de rúa coa obra O Afiador da man de Teatro Volta e Dalle e a partir das 13:30 máis teatro con a obra Os Feirantes dos Quinquilláns”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Roberto Ramos, dixo “desde Acisa, colaboraremos en esta XII Feira da Horta, como lo hemos hecho en años anteriores, a través de distintos establecimientos hoteleros que pertenecen a nuestra asociación. Acisa ha adquirido productos solicitados por estos establecimientos a los productores y productoras de Ribadeo y con estos productos, estos locales elaborarán una tapa de cortesía, que será servida ese día para los clientes que asistan. Los locales participantes serán el Parador de Turismo de Ribadeo, el restaurante O Forno, el bar Queimada, el restaurante A Dorada do Cantábrico, el mesón O Lar do Manolo, el hotel restaurante o Cabazo, el mesón O Alén, el restaurante Costa Verde, el restaurante La Solana, La Botellería y la cafetería Delicias. Desde Acisa queremos agradecer a la asociación A Sucadoira todo el trabajo que realizan durante todo el año y les deseamos que este remate del verano y de sus mercados de los domingos sea un éxito”.
Pola súa parte a presidenta da asociación de produtores de horta de Ribadeo A Sucadoira, Ana Isabel Díaz, resaltou que “este verán foi moi bo, máis do que esperábamos. Houbo moita actividade nos mercados dos domingos e a produción de verduras foi moi alta. Tivemos moita clientela, sobre todo xente de fora que superou as cifras doutros anos. Pero non só xente de Madrid, senón tamén estranxeira que fixo que a colleita tivese saída”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



