Mondoñedo, 13 de setembro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo cualificou este sábado de “vergoñenta” a xestión do PSOE e do BNG no control das obras que se levan a cabo no municipio e acusounos de “abandonar” a Mondoñedo.
Os populares fixeron estas declaracións despois de coñecer que unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Lugo avala que o Concello de Mondoñedo ten sen pagar unha parte considerable da obra de Acondicionamento da Rúa Xosé María Pardo Montenegro.
En concreto, a sentenza falla a favor da empresa e anula o acordo da Xunta de Goberno local de 23 de xuño de 2011, mediante o que o bipartito aprobou unha certificación por un importe de 78.581,51 euros, na que compensaba as melloras comprometidas pola empresa coa contía que lle adebeda ao promotor. É dicir, cando a adxudicataria presenta a cobro as últimas facturas, o Concello prefire que non se acometan as melloras no lugar de abonar o importe.
O Tribunal, segundo explica o PP, anula esta certificación ao considerar que é contraria ao dereito a maiores de idéntica á terceira certificación de obras expedida. O fallo xudicial explica que non hai datos ao respecto de onde procede a cantidade a deducir en concepto de melloras, polo que, a sentenza recolle que a expedición desta certificación parece responder a evitalos intereses de demora por atraso no pago dentro do prazo establecido na lei.
Polo tanto, os populares analizan que da actitude do PSOE e do BNG extraese que ou ben non queren pagar a contía que a empresa demanda ou ben non querían que se fixesen as melloras. En todo caso, matizan dende o PP estase ante unha xestión do goberno local que redunda negativamente en Mondoñedo.
Coa estimación do recurso contencioso administrativo interposto pola empresa impóñense as custas procesais ao Concello de Mondoñedo, e os correspondentes custos de demora polo retraso no pago dentro do prazo establecido na lei, que poderían estar en torno aos 25.000 euros. Pese a que existe un recurso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, todo apunta a que “o Concello deberá acatar o fallo”.
Outros casos
Os populares puxeron de exemplo outros casos de obras que evidencian a falta de control do PSOE e do BNG no Concello de Mondoñedo. En concreto, dende o Partido Popular de Mondoñedo referiron á obra do entorno do Seminario e da Catedral, que presenta un estado moi criticable despois dun investimento superior ao millón de euros. Ademais, informes técnicos avalan que neste espazo se deixaron obras sen acometer por un importe superior aos 180.000 euros.
Os populares tamén referiron a obra do saneamento de Sasdónigas que a día de hoxe nunca chegou a funcionar, pese a que o Partido Popular lle urxiu en reiteradas ocasións que realizase as xestións oportunas para que este investimento tivese unha finalidade.
Abandono de Mondoñedo
Deste xeito, a xestión do bipartito local converteu a Mondoñedo nun lugar “abandonado, con máis impostos e moitas menos oportunidades”.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



