“Obxectivo: Aprender no rural” é o tema da cuarta edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros” do Colectivo Cultural Ollomao, cuxo prazo de participación remataba a finais de setembro. O colectivo organizador considerou oportuno ampliar o prazo ata o 31 de outubro deste 2014, para dar así máis marxe de participación ás persoas interesadas en facelo.
As bases para tomar parte neste certame poden consultarse en www.blogoteca.com/ollomao. Como vén sendo habitual nas últimas edicións existen dúas modalidades de participación: adulta, e infantil (ata 14 anos). Na modalidade adulta contémplanse un primeiro premio de 200€ e un segundo de 100€; e na modalide infantil un premio único en material fotográfico. Como novidade nesta ocasión, todas as nenas e nenos que participen no concurso terán a oportunidade de participar nun curso breve de fotografía que o Colectivo Cultural Ollomao organiza expresamente coa finalidade de servir de agasallo para as persoas que participen na modalidade infantil.
Para máis información, o colectivo barreirense pon a disposición das persoas interesadas dúas canles de contacto. Mediante correo electrónico ao enderezo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com; ou por teléfono, no 650542932.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



