LUGO, 19 DE SETEMBRO DE 2014.- O senador por Lugo –Ricardo Varela- e a deputada no Congreso –Margarita Pérez Herraiz- manifestaron publicamente este venres o rexeitamento do Partido Socialista á contrarreforma da Lei do Aborto que pretende implantar o Executivo Central, pois, segundo destacou Varela, “confirma que o Partido Popular de Rajoy é o Goberno máis á dereita dende o fin da ditadura. É o Goberno máis á dereita da democracia, no económico, no social, no laboral, nos dereitos civís dos cidadáns e tamén en materia de igualdade. É unha mostra máis do desprezo á muller. Considéraas que son menores de idade e, polo tanto, nega a súa autonomía e a súa capacidade de decisión”.
Neste senso, o senador apuntou que unha posible marcha atrás na tramitación da mesma sería unha decisión “oportunista e xurdiría froito dun cálculo electoral”. En ningún caso, apuntou, formaría parte “da reflexión, nin tan sequera dunha rectificación ideolóxica mínima”. É por este motivo polo que dende o Partido Socialista non se fían e anuncian que “o PSOE vai seguir loitando para foder frear a súa presentación no Congreso”. Deste xeito, esixiron “unha renuncia indefinida e definitiva á violencia do Goberno contra as mulleres”.
Ameaza do PP
E é que dende que o PP chegou á presidencia da administración central, defendeu a deputada no Congreso, ameaza con esta contrarreforma por presión da Igrexa e dos grupos máis radicais de ideoloxía conservadora, que buscan impoñer as súas crenzas ao conxunto da cidadanía e que mesturan e confunden relixión e lexislación.
“Por iso queremos facer un novo esforzo para intentar parar este proxecto, pois a actual Lei tivo un alto consenso e con ela diminuíron os abortos un 5%, especialmente nos treitos de idade máis novos, e isto débese a que incide especialmente na prevención con educación sexual e reprodutiva. Esta contrarreforma pon en perigo, ademais, a vida das mulleres con menos recursos, que intentarán abortos de alto risco por non poder ir a outros países; unha cuestión máis que incide na desigualdade social que está a promover o Goberno do PP”, indicou Pérez Herraiz.
Asimesmo, a socialista fixo especial fincapé noutra cuestión que os partidarios da contrarreforma utilizan fundamentalmente, “e que é un argumento falso”. Concretamente, este sector di que as mulleres de 16 e 17 anos coa Lei actual poden someterse a abortos co descoñecemento de pai e nai. “Isto é falso, o artigo 13.4 esixe que se informe a pais, nai ou titor legal coa única excepción de casos, debidamente xustificados de violencia familiar, situación de desarraigo ou desamparo”, precisou.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



