CERVO, 4 DE NOVEMBRO. Os socialistas de Cervo alertan de que a Xunta de Galicia vén de notificarlle ó Concello a incoación dun procedemento sancionador polas actuacións realizadas no Conxunto Histórico de Sargadelos, “segundo o comunicado rexistrado no concello con data do pasado 23 de outubro do 2014, o señor alcalde, Alfonso Villares, actúa fóra dos marxes da legalidade. O informe recolle que se acorda iniciar un procedemento sancionador establecido na Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia (…) e que motiva dita incoación as intervencións realizadas no contorno de protección do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos excedendo do autorizado na resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 25 de outubro de 1013(…) e sen contar coa previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura”.
Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que “o motivo desta nova posible sanción é que o señor alcalde volve a excederse do autorizado. Se calquera cidadán se ten que ceñir ó permitido polas leis vixentes, o señor Villares moitísimo máis, simplemente por ser o representante de tódolos veciños e actuar no seu nome. O caso é que ó final quen paga sempre a súa ousadía e as súas irresponsabilidades, somos tódolos veciños”.
Lembran que “Villares non debería ter esquecido que o Conxunto Histórico de Sargadelos está declarado como Ben de Interese Cultural, é un entorno de especial protección e como tal, así se ten que actuar no mesmo. Toma decisións sen conta e risco, é posible que o Concello teña que facer fronte a unha infracción grave polos danos causados ó patrimonio cultural e as contías da devandita sanción poden variar entre os 60.000 e os 150.000 euros. Iso sí, non o dicimos nós, así o transmite a administración autonómica na notificación pois plasma que tales feitos puideran constituír unha infracción administrativa tipificada no artigo 91.h da LPCG, conforme ao cal constitúe unha infracción grave: “a realización de calquera intervención nun ben declarado ou catalogado sen a preceptiva autorización da Consellería de Cultura” e ser sancionados en consecuencia, cunha multa do tanto ao cuádruplo do valor do dano causado ao patrimonio cultural (…)dende sesenta mil cento un euros coma vinteun céntimos ata cento cincuenta mil douscentos cincuenta e tres euros con dous céntimos.”
Despois de ter coñecemento desta nova falta do alcalde, os socialistas pídenlle explicacións pois “non é a primeira vez que Villares se ve envolto nunha situación deste tipo. Supoñemos que a Xunta de Galicia non sexa sospeitosa tamén de persecución política e non trate de evitar o tema culpabilizando a outros dos seus erros”.
Agardan que “cambie dunha vez por todas de actitude porque cando se trata de cumplir coa legalidade, non hai cores políticas, as administracións públicas deben perseguir ós responsables e as súas neglixencias acaban por pagalas sempre os mesmos, os veciños de Cervo. Non se pode consentir”.

















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



