A vindeira fin de semana, 15 e 16 de novembro, celebrase nas instalacións Sporting Casino da Coruña, as xornadas de Tecnificación correspondentes a novembro, xornadas incluídas dentro do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD). Á localidade desprazarase un técnico nomeado pola Real Federación Nacional de Tiro con Arco, nesta ocasión esta responsabilidade recaeu no olímpico Elias Costa Cobo.
A convocatoria polas características do PNTD faise de xeito nominal aos arqueros maiores de 14 anos ou que o próximo ano competirán nesta categoría e que previamente xa foron evaluados polo equipo técnico da Federación Galega de Tiro con Arco, e que necesitan unha tecnificación específica que lles permita dar o salto ao PNTD, si non están xa incluídos nel.
Dos doce deportistas convocados, dous son do Club Iadovi: Francisco Melo Botelho e Gabriel Galante Briones, ambos cadetes de primeiro ano. Francisco experimentou un cambio rotundo na súa técnica que lle puxo no punto de mira dos tecnificadores. Gabriel cos logros conseguidos ha *dia da data e o traballo duro día a día fíxose un oco no grupo de deportistas a tecnificar.
A ambos arqueiros quédalle unha fin de semana duro por afrontar. Que a recado saberán aproveitar, os coñecementos e as experiencias que lles poida transmitir Elías Costa.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
