CADERNOS DA VIAXE. Josep, o avó dos meus amigos Marc e Mireia, tería agora 97 anos. Na guerra do 1936 fixo parte, como afiliado ao partido Estat Catalá, da 132 brigada mixta e sofriu, logo de caer preso na fin do 1938 en Borges Blanques, dez anos de campo de concentración e desterro. L’avi Josep, como lle chamaban todos, botou anos desterrado no noso País e casou en Ourense con Carmiña, quen aprendeu a fillos e netos sentir a galeguidade como l´avi Josep transmitiulles a súa pertenza a Catalunya.
Porén, hoxe si votou o seu amigo Lluis, que integrou a garda do President Companys dende 1936. E votou pensando no Companys. Aquel president da Generalitat que foi extraditado dende a Francia ocupada por Hitler e fusilado por Franco en Montjuic o 15 de outubro de 1940. O mesmo Companys que salvou a vida do primado catalán, o cardenal Vidal i Barraquer.
Velaí como o proceso principiado no verán do 2010 coa sentenza do Tribunal Constitucional que anulou parcialmente o novo Estatut do 2006 foi quén de activar vellas vivencias e lembranzas que semellaban esquecidas. Porque 1714, 1934 ou 1936 son datas históricas ás que as novas xeracións dan un ou outro sentido en función do seu percorrido vital. E á vista está que millóns de cidadáns cataláns non acreditan que España rectificase de todo as políticas desenvolvidas a respecto de Catalunya na historia. E iso que non escoitaron este sábado ao antigo alcalde da miña cidade d’A Coruña, cando falou diante dos- poucos- nacionalistas españois convocados pola plataforma “Libres e iguales” de levar a Garda Civil ou quitar os tanques.
Este domingo participaron máis de dous millóns nunha consulta que, evidentemente, non ten valor xurídico, mais si un nidio valor político, recoñecido na Europa toda. Madrid non pode, xa que logo, seguer a se pór de esguello. Hai sinais claros de que millóns de cataláns queren decidir o seu futuro.
Tempo, pois, de dialogar para facer posíbel un referendo con todas as garantías. Nin maís nin menos que o que tiveron na Escocia hai menos de dous meses ou en Quebec noutras dúas ocasións.
É a hora da política.
Xoán Antón Pérez-Lema




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



