Santiago de Compostela, 06 de novembro de 14. A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou este xoves unha iniciativa socialista para reclamarlle ao Ministerio de Fomento que acometa de inmediato as obras de mantemento da estrada N-642 que une Ribadeo e Cervo. Esta vía soporta un tráfico diario de 20.000 vehículos, que se triplica en período estival, e rexistra un alto número de sinistros.
O deputado socialista José Ramón Val lamentou a “irresponsabilidade” da Xunta, que “esqueceuse desta infraestrutura”, nun estado “calamitoso” dende hai dous anos, “ata que os socialistas levamos a proposta ao Parlamento. Criticou o seu “desleixo”, lembrando a resposta do goberno aos socialistas desistindo de pedir responsabilidades ao goberno central polo estado dunha estrada que une ao 60 por cento da poboación da comarca.
Ademais, amosou as súas “dúbidas fundadas” sobre o compromiso real do PP, logo de que os orzamentos xerais do Estado inclúan un investimento de tan só 200.000 euros e no día de onte rexeitaran unha emenda no Congreso para destinar 2 millóns de euros á mellora do estado da estrada.
José Ramón Val denunciou que “os veciños e veciñas non teñen por qué soportar o desinterese do goberno pola súa seguridade” nunha estrada na que en agosto faleceu un motorista e o pasado domingo tivo lugar o último sinistro, afortunadamente desta vez sen vítimas mortais. Ademais, hai dous días foi coñecida unha sentenza que condenaba a Fomento a indemnizar aos familiares dun falecido na estrada hai varios anos.
O deputado da Mariña considera “incomprensible” que nin o goberno central nin a Xunta de Galicia teñan iniciado ningún tipo de actuación para garantir a seguridade dunha vía de uso obrigado para o acceso ao Hospital da Costa ou a empresas como Alcoa ou Absa e que conta con varios puntos negros derivados do seu “estado calamitoso”, especialmente o tramo entre Barreiros e Burela.
Texto da iniciativa aprobada:
–“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Ministerio de Fomento co obxecto de que se acometa, de xeito inmediato, as melloras de mantemento precisas na estrada N-642, principalmente entre os concellos de Barreiros e Burela, e onde sexa necesario, co fin de garantir a seguridade viaria a todos os cidadáns que por ela transitan”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



