A Mariña, 6 de novembro de 2014. Á Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña “chámalle a atención que os dirixentes do Partido Popular na comarca recriminen a peticións de aclaracións sobre o servizo de oncoloxía que o propio xerente executivo do Hospital da Costa reclamaba en días pasado nun medio de comunicación comarcal”. A Plataforma está composta por colectivos sociais, asociacións de doentes, asociacións veciñais e non so por dous partidos políticos e dous sindicatos como di o Partido Popular mariñao, “a quen lle piden mais respecto porque todas e cada unha das previsións e denuncias sobre a degradación da sanidade pública que o colectivo fixo públicas, fóronse producindo ao tempo que se incumprían as promesas e anuncios dos dirixentes deste partido”.
É un feito, sinalan desde a Plataforma, que “coa excepción de obras no que vai ser a sala de oncoloxía non hai nda feito” estas son as declaracións do xerente executivo do Hospital da Costa en días pasados, “coincidentes coas denuncias emitidas pola plataforma cando reclamaba aclaracións sobre cadros de persoal, estrutura e protocolos organizativos, ou medios técnicos para poñer en funcionamento o servizo de oncoloxía no Hospital da Costa coas garantías de ter un servizo óptimo e de seguridade para os doentes e o persoal sanitario”. Por isto “sorprende que o Partido Popular trate de confundir á poboación lanzándose a un debate partidista que delata o ánimo electoralista deste partido, obviando as necesidades reais dun servizo que require dunha maquinaria sanitaria engraxada e non dun gabinete de propaganda electoral”.
En relación aos prazos de execución da ampliación do Hospital da Costa, desde a plataforma acláranlle aos dirixentes “que aínda non nos pronunciamos” mais “xa que se erixen en portavoces da Consellería de Sanidade sería bo que aclarasen cales van ser os prazos de execución desta obra que ten un orzamento de execución de 19 millóns de euros, cando os propios orzamentos das Xunta inclúen previsións plurianuais para os próximos tres anos por importe de 4,5 millóns e descoñécese cando se van executar os 13,5 restantes”.
A Plataforma aclaroulle ao PP que este colectivo do que forman parte colectivos sociais, asociacións de doentes, asociacións veciñais e profesionais sanitarios, non so dous partidos políticos e dous sindicatos como aseguran, fundouse fai agora cinco anos co fin principal velar pola calidade e mantemento da sanidade pública na comarca ante a preocupación pola degradación, privatización e a perda de autonomía na xestión sanitaria da comarca. Nunca se dixo que o hospital pecharía senón que quedaría eivado como ven sendo evidente. Eran preocupacións que no seu día puideron ser augurios, mais hoxe son feitos constatábeis que contrastan cos anuncios e a satisfacción dos dirixentes populares na comarca en relación a temas dos que simplemente se poñen catro exemplos:
1.- A Plataforma denunciaba a perda de autonomía na xestión sanitaria mentres o PP defendía que a Área de Xestión Integrada con dirección en Lugo permitiría autonomía na xestión de recursos humanos. económicos e infraestruturas do Hospital da Costa e dos centros de saúde da comarca. Falso, é evidente que a xerencia executiva so cumpre as ordes e instrucións emitidas desde Lugo, tanto no Hospital da Costa como nos centros de saúde comarcais, que permitiron non cubrir as prazas por xubilación no Hospital da Costa e nos centros saúde de Xove, Cervo ou Ribadeo e a ausencia de adecuación e coberturas por vacacións e baixas nas distintas categorías.
2.- A Plataforma denunciaba que a perda de autonomía na xestión sanitaria da comarca eliminaría a capacidade de xestión dos recursos económicos mentres o PP mantiña o contrario. Falso, coa creación da área de Xestión Integrada a comarca os orzamentos da Xunta xa non recollen orzamento propio para a Área Sanitaria da Mariña, senón que este é provincial e distribúese desde a xerencia provincial.
3.- A Plataforma denunciaba que a perda de autonomía na xestión sanitaria da comarca reduciría persoal sanitario e administrativo mentres o presidente da Xunta, Núñez Feijoo e o PP mariñao, defendía que o Hospital da Costa incrementaría persoal sanitario e administrativo e novos servizos. Falso, no Hospital desapareceu persoal administrativo, segue sen dirección médica, non se contratan substitucións e no ano 2013 reduciuse o orzamento para persoal en case 2 millóns de euros.
4.- A Plataforma ven denunciando sistematicamente a redución de investimento en materia sanitaria por parte da Xunta de Galiza, especialmente en atención primaria, mentres o PP di todo o contrario. Falso, desde a chegada do PP ao goberno galego a Xunta reduciu o gasto na sanidade primaria en Lugo en 34,4 millóns de euros, un 16,42% que supuxo so na Mariña a perda de persoal sanitario e carencias de material sanitario, so na comarca desapareceron prazas de facultativos en Cervo, Ribadeo e Xove e non se cubre unha en Riotorto, nin tampouco as baixas de persoal sanitario por permisos, baixas, vacacións ou xubilacións.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



