Foz, 11 de agosto, 2026. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves 13 de agosto ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñas, que recolle 128 traballos sobre a emigración da comarca ao continente americano. O volume permite reconstruír unha parte substantiva da diáspora mariñá de finais do século XIX e das primeiras décadas do XX, introducindo chaves analíticas para unha análise do fenómeno migratorio
A práctica totalidade dos concellos da comarca da Mariña están presentes na investigación de Fernández Vizoso. Na mesma, aparecen recollidos estudos referidos a persoas de diversos municipios da comarca onde nos achega historias de emigrantes, de exiliados e de persoas que desenvolveron unha parte da súa vida no continente amarícano. Neste punto, recupera a memoria daqueles mariñás que participaron nas guerras coloniais de 1898 en Cuba e Porto Rico.
O traballo de Fernández Vizoso é máis cunha historia da emigración mariñá. No mesmo recupérase a memoria da masonería con achegas á loxia existente en Viveiro e aos grupos masóns que actuaron en Vicedo. Na mesma liña, rescátase o labor daqueles emigrantes orixinarios da comarca que xogaron un papel chave na posta en marcha das institucións culturais galegas a comezos do século XX, destacando a súa contribución á creación da Real Academia Galega.
A represión franquista ocupa un lugar neste volume de Fernández Vizoso que se pública coincidindo co 90 aniversario do comezo do xenocidio galego. Neste sentido, ocúpase do exilio mariñán en México, recuperando a vida de José Rodríguez Cociña mais tamén dos irmáns ribadenses Ramón e Carlos Rodríguez Conde, de María Tobío e de Xoán López Dura, persoa ligada a Ribadeo, que fixo parte dos refuxiados que marcharon no barco Ipanema.
A investigación de Fernández Vizoso recupera a memoria dunha familia de Viveiro duramente represaliada, os Ladra Pérez, unha parte da cal rematou asasinada nos anos da guerra, outra exiliouse en Uruguai e unha terceira ficou en Viveiro. Na mesma dirección, achégase a represión padecida pola familia Iglesias Escourido, da que era membro o guerrilleiro de Covas (Viveiro) Jesús Iglesias Escourido, popularmente coñecido por “Tizón”. Sete membros desta familia remataron no campo de concentración do Arnao, no concello das Figueiras.
Martín Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións. Colaborador en diversos medios de comunicación, mantén unha relación de hai perto de tres décadas coa Pomba do Arco, sendo conferenciante en diversas ocasións nas xornadas de historia.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



