Os concelleiros independentes de Foz representados por Ramón Sixto reiteran unha vez máis a deixadez do actual Equipo de Goberno con respecto ás mocións e rogos que este grupo de concelleiros lle veñen facendo pleno tras pleno, en concreto ós temas relacionados coa limpeza do noso Concello.
De pouco serve que estas mocións se aproben en pleno se despois non se fai nada ó respecto.
Falamos de casos concretos como se pode apreciar o estado no que se atopan as papeleiras dos paseos marítimos, rebordadas de lixo e parte del tirado polo chan sen que se preocupen de pasar a recollelo ao menos unha vez por semana.
Outro caso visible de falta de compromiso e deixadez deste alcalde son os vertedoiros incontrolados e ilegais de lixo. Un punto concreto témolo no Polígono Industrial de Fazouro e preto das casas onde se acumula restos de escombros e lixo sen control e sen que se faga nada en absoluto por tratar de poñer solución a este grave problema, coa indignación e impotencia dos veciños que xa non saben a quen recurrir, sendo este un solo exemplo dos múltiples que esixten no noso Concello.
Así mesmo, seguimos esixíndolle ao noso rexedor que faga cumprir a ordenanza que temos no Concello onde se prohibe tanto á tirada incontrolada de escombros coma á pegada de carteis en lugares non habilitados para facelo. Sendo sumamente fácil identificar as empresas que están a facelo. “De pouco serve crear ordenanzas si logo non se fan cumprir”.
Por outra banda tamén é lamentable o estado no que se atopan parte dos aparcamentos no Polígono Industrial onde temos auténticas fochancas que se non se tratan de reparar canto antes o que se está a facer é agravar o problema e dando unha sensación de abandono total.
O grupo de Concelleiros Independentes esixímoslle ó alcalde que leve a cabo os acordos plenarios que ó fin e ao cabo é o que lle están a solicitar os veciños de Foz.

















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



