A ANPA da Escola Infantil de Burela, un ano máis, realizou unha campaña solidaria de recolleita de alimentos e xoguetes, para doar á Asociación Mulleres en Igualdade de Burela. Mary Fraga, presidenta desta asociación, quere agradecerlle “tanto ás integrantes da ANPA da Escola Infantil, como ós pais e nais que colaboraron nesta campaña, o seu esforzo e bo facer para cos máis necesitados. Moitas grazas un ano máis polas vosas achegas, que serán repartidas entre as persoas que menos teñen, e entre aqueles nenos para os cales, os catálogos de xoguetes que as tendas reparten con publicidade, non son máis que debuxos sobre un papel cos que algún día poder soñar. Moitas grazas, feliz Nadal e próspero e solidario ano novo para todos vós, en nome de todas as integrantes de Mulleres en Igualdade Burela”.
Alimentos e xoguetes doados pola ANPA da Escola Infantil de Burela
Alimentos e xoguetes doados pola ANPA da Escola Infantil de Burela
Relacionado
-
Proxección do documental de Pedro Lechuga “Xove, democracia nuclear”
-
Este mércores, 11 de xuño, ás 19:00h, Antonio Blanco Carballo presentará na Biblioteca do Barqueiro o libro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”
-
O Concello de Cervo clausura o curso das Escolas Deportivas Municipais Infantís