Se aínda non tes o abono laranxa 2014-15 e queres gozar do mellor espectáculo do fútbol sala nacional e por partida dobre, en Primeira LNFS e RFEF, xa podes facelo co CD Burela FS Pescdos Rubén. Tras a clasificación histórica do equipo de Juanlu Alonso para a Copa de España de Cidade Real (12-15 de marzo) e coincidindo co comezo de 2015, todas as persoas interesadas poderán ser socias burelistas cunha suculenta promoción no Abono Pack Copa, que inclúe carné laranxa ata o final de tempada, camiseta conmemorativa da Copa de España e entrada para presenciar os cuartos de final ante Inter Movistar (xoves 12 de marzo, 21.15 horas).
Abonos Pack Copa
Abono Individual: 90 euros
Abono Familiar: 120 euros (1 unidade)
Abono Xubilado: 75 euros
Abono Estudante: 65 euros
Abono Xuvenil: 60 euros
Abono Infantil: 45 euros
Reserva de asento: 50 euros (Individual) 75 euros (Familiar)
O pack Copa tamén estará dispoñible para os xa abonados laranxas desde o comezo de tempada, por un prezo de 45 €. Para o resto das persoas interesadas, a camiseta do debut mariñán en Copa de España e a entrada para o partido estarán dispoñibles a 60 euros. Esta promoción estará vixente ata o 28 de febreiro.
O club laranxa ofrece ademais a posibilidade de adquirir o abono de media tempada independente para vibrar co fútbol sala de elite en Vista Alegre, por partida dobre.
Abonos de media tempada
Abono Individual: 45 euros
Abono Familiar: 75 euros
Abono Xubilado: 30 euros
Abono Estudante: 20 euros
Abono Xuvenil: 15 euros
Abono Infantil: 5 euros
Reserva de asento: 50 euros (Individual) 75 euros (Familiar)
O pago realizarase nunha soa cota, ben por domiciliación bancaria, ben cando se retire o abono na sede burelista.
En www.burelafs.org está a disposición das persoas interesadas o formulario de socios/as 2014-15, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio; ás tarifas aplícaselles o desconto do 50% con respecto ao comezo de tempada. Para máis información, poden acudir á sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.
*Foto: Marián García Mesa.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
