Unha vez máis o alcalde presentou un pleno baleiro de contido, sen apenas orde do día, no que a iniciativa correspondeu claramente a cargo do BNG. Despois de dous meses, so se presentaron dous temas a debater. O equipo de goberno sacou adiante o Plan Económico-Financeiro, provocado por incumprir a regra do gasto, que foi multiplicada por 11 na liquidación de 2013, o que ademais mostra o retraso, a falta de iniciativa e previsión na xestión, posto que isto non fai mais ca retrasar a presentación dos orzamentos do actual exercicio. O portavoz nacionalista, Mario Pillado, dixo que “os representantes da austeridade sáltanse a regra de gasto e cargan sobre os burelaos as medidas para solucionar a súa desfeita económica na xestión” posto que as propostas foron non cubrir baixas, xubilacións e vacantes entre o persoal, diminuír aínda mais as inversións na vila e subir os impostos ós veciños.
Xa no apartado de mocións, o BNG defendeu a creación da Tarifa Eléctrica Galega, rexeitada polo PP e na que se abstivo o PSOE. “È fundamental para o desenvolvemento do tecido industrial, a creación de valor engadido, a xeración de emprego e mesmo o subsistir no día a día de cada domicilio, dominar o sector enerxético, tendo en conta que temos recursos de sobra para iso” indicou o nacionalista, que ademais resaltou a importancia para unha planta coma a de Alcoa en San Cibrao ter un trato xusto en termos enerxéticos.
Ademais o portavoz do Bloque presentou unha moción para a modificación das condicións de adhesión o convenio con SOGAMA para os concellos de Galiza, na que ademais se instaba á Xunta a buscar alternativas para o modelo caduco e superado de SOGAMA, “precisamos un sistema de tratamentos de residuos no nivel comarcal, que traballe coas mellores técnicas dispoñibles medioambientalmente, deixando de lado a incineración para traballar a prol da reciclaxe e a reutilización de residuos, que xere emprego e que sexa tamén rendible por aforrar os custes de transporte debido o seu carácter de proximidade” razoou Pillado. A moción foi rexeitada, a pesar do apoio dos socialistas, pola maioría do PP.
Por último, a moción para celebrar o día de Rosalía este 24 de Febreiro foi aprobada por unanimidade, o igual que ocorría en 2014, mais os nacionalistas esperan que este ano o compromiso do equipo de goberno con Rosalía e co galego sí sexan firmes, despois de que o ano pasado non celebrasen actividade ningunha e o nivel de galegofalantes na vila caera en máis dun 10 %.
Tal é a falta de previsión e a total desorganización no concello, que se presentou unha moción de urxencia, concretamente a media tarde, para o recoñecemento extraxudicial de crédito, preciso para pagar diversas facturas, nas que a intervención atopou reparo, o que fixo que os nacionalistas se abstiveran de pronunciarse
A concelleira de Educación e Cultura non foi quen nin de responder a petición de dimisión, que foi negada polo propio alcalde
O mais salientable naquenda de rogos e preguntas, foi o tema relacionado coa sentenza do xulgado do social nº 3 de Lugo do pasado mes de Decembro, posto que os nacionalistas preguntaron ó alcalde cando se vai executar dita sentenza xunto cunha anterior do mesmo xulgado, as cales afectan a dous mestres da Escola de Música, ós que deben repoñer nas súas condicións laborais. Tamén se lle preguntou como valoraba o feito de que o xuíz entenda que se tomaron represalias contra eses dous mestres ou que os informes emitidos tanto polo director da Escola de Música como pola Delegada de Cultura, Mónica Pedre, foran irregulares. Por todo isto, o portavoz nacionalista pediu a dimisión da concelleira, pero obtivo a calada por resposta, posto que foi o propio alcalde o que asumiu a responsabilidade no asunto, contestando que acataba a sentenza, sen valorala, e que a señora Pedre non vai dimitir. Nunha situación inaudita, a afectada non tomou a palabra para defenderse, “isto é boa proba da forma de gobernar e facer política do señor Barcia, totalmente personalista e sen confiar para nada no seu equipo” sinalou o voceiro dos nacionalistas burelaos.
Por outra banda, o nacionalista preguntou ó alcalde en que estado de execución se atopa a tan anunciada obra do campo de céspede artificial da Marosa, ó que o alcalde respondeu que o estado da obra era evidentemente de parada, o que fai pensar que esta obra foi mais un mero acto propagandístico do señor González Barcia, que un investimento real, a pesar de que o alcalde convocou pleno extraordinario no mes de Novembro para facer un suplemento de crédito con ese cometido.
En definitiva, o PP agoniza á fronte do goberno en Burela; falto de ideas, iniciativa e proxecto, como ven demostrando durante os últimos anos, gobernando a base de impulsos e sen un plan previsto. En contraste, o BNG leva a iniciativa no pleno coas súas mocións, tentando buscar solucións ó día a día das veciñas e dos veciños, cunhas politicas de marcado perfil galego, para saír da situación na que o PP levou ás burelás e ós burelaos nos últmos anos.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



