Ribadeo, 23 de xaneiro de 2015. No pleno ordinario que se celebrará no Concello o vindeiro martes, 27 de xaneiro, ás oito da tarde aprobarase un expediente de modificación de crédito de 150.000 euros. Esa partida destinarase, segundo aseguraba esta mañá o alcalde, Fernando Suárez Barcia, á redacción do plan especial das Catedrais; a obras na vía paralela a Feve, desde a estrada da Deputación ata a avenida da Ría de Ribadeo; á reposición de cubrecontedores urbanos; a obras no cemiterio municipal e ao plan de reposición de camiños de titularidade municipal.
O rexedor explicou que “celebramos no día de onte as comisións informativas previas ao pleno ordinario que terá lugar o vindeiro martes e onde hai un punto que nos parece de especial importancia. Trátase dunha modificación de crédito, dado que como aprobamos en tempo e forma os orzamentos de 2015 no ano pasado agora, e diante de situacións repentinas por mor de cambios do Ministerio de Economía de Facenda de cara ás comunidades autónomas e os Concellos, exímennos de amortizar este ano intereses de débeda de préstamos pendentes. E imos empregar ese diñeiro, uns 150.000 euros, en actuacións que non se deben demorar e que teñen un certo carácter de urxencia”.
Suárez Barcia dixo que “atendemos a moitas cuestións que os grupos da Corporación nos estaban a solicitar e a outras que nos parecen moi interesantes. Imos destinar parte deses cartos para a licitación da redacción do plan especial das Catedrais. Despois da aprobación do PXOM, de Ribadeo, hai máis ou menos dous meses e dentro dos múltiples apartados que inclúe estaba que o Concello ten que elaborar un plan especial de conservación de toda esa área, dunha área moito máis ampla que na que está a actuar a Xunta nestes últimos tempos. Son 54 hectáreas e non queremos demorar nin un só día para que Ribadeo conte con ese plan de ordenación, que debe someterse tamén ás instrucións da Xunta, pero que determinará moitas cousas que ata o de agora eran obxecto de debate”. O alcalde ribadense subliñou que “seguimos traballando e dando pasos en firme desde o Concello de Ribadeo cando temos a legalidade da nosa parte e cando temos a oportunidade económica tamén da nosa parte”.
Desa modificación de crédito de 150.000 euros, unha parte irá destinada a obras de reposición e urbanización de rúas: “queremos contribuír a amañar un vieiro que está paralelo á vía de Feve, que comunica a estrada da Deputación coa avenida da Ría de Ribadeo, que é moi frecuentado polos camións de madeira do interior das parroquias. E xa que o Ministerio de Fomento a día de hoxe non ten elaborado absolutamente nada a pesares dos seus compromisos para facer un acceso á circunvalación e os vehículos da carga que saen das parroquias do interior utilizan moito esta vía, que se atopa nun estado moi malo, é necesario darlle unha nova capa de aglomerado asfáltico, e iso queremos facer”.
Fernando Suárez sinalou que “tamén imos destinar uns recursos para a adquisición de cubrecontedores e para a realización de obras menores no cemiterio municipal, pero que son moi importantes. E tamén ao mesmo tempo e en vista das chuvias dos últimos meses, que estragaron diversos camiños de titularidade municipal, queremos ampliar as partidas económicas para este fin e así poder actuar da mellor maneira posible e canto antes”.
No pleno do martes tamén se abordará unha moción do equipo de goberno, do BNG, “sobre a necesidade dunha tarifa eléctrica galega. Galicia, de por sí tristemente é exportadora neta de electricidade, pero é dos territorios do Estado onde máis cara se paga a electricidade. Polo tanto queremos que o pleno da Corporación se pronuncie a favor dunha tarifa eléctrica galega”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



